Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple e Meta deberán pagar 500 e 200 millóns de euros respectivamente por vulnerar a DMA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple e Meta deberán pagar 500 e 200 millóns de euros respectivamente por vulnerar a DMA

Redacción
Publicado: 23/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dma_gpngrfwxmaa-tkw_detalle.jpgA Comisión Europea anunciou hoxe dúas decisións pioneiras baixo a Lei de Mercados Dixitais (DMA): impuxo unha multa de 500 millóns de euros a Apple e outra de 200 millóns de euros a Meta, por incumprimentos relacionados coas súas obrigas como gatekeepers dixitais. Apple e Meta teñen 60 días para cumprir coas decisións da Comisión. En caso contrario, poderían enfrontarse a multas periódicas adicionais.

Contidos
  • Apple: restricións á liberdade de información para os desenvolvedores
  • Meta: o modelo publicitario de consentimento ou pagamento non é dabondo

Apple: restricións á liberdade de información para os desenvolvedores

Segundo a DMA, Apple debe permitir que os desenvolvedores de aplicacións informen aos usuarios sobre ofertas alternativas fóra da App Store, os redirixan a esas ofertas e lles permitan facer compras directamente, sen custos adicionais nin restricións.
Porén, a Comisión constatou que Apple impuxo limitacións técnicas e comerciais que impiden aos desenvolvedores aproveitar plenamente estas opcións, e aos consumidores acceder a ofertas máis económicas. Apple non foi quen de demostrar que estas restricións fosen necesarias nin proporcionadas.
A Comisión ordenoulle á empresa que elimine estas restricións e se absteña de volver adoptar condutas semellantes. A contía da multa reflicte a gravidade e duración do incumprimento.
Cómpre lembrar que tamén se anunciou o peche da investigación sobre as obrigas de liberdade de elección de usuario por parte de Apple, tras a súa colaboración para introducir solucións de cumprimento satisfactorias.

Meta: o modelo publicitario de consentimento ou pagamento non é dabondo

En novembro de 2023, Meta implantou na UE un modelo publicitario binario para Facebook e Instagram: ou se aceptaba o uso de datos persoais para publicidade personalizada ou se pagaba unha subscrición mensual para non ver anuncios.
A DMA obriga os gatekeepers a ofrecer unha alternativa menos personalizada, pero funcionalmente equivalente, para quen non consinta o uso dos seus datos. A Comisión concluíu que o modelo de Meta non respecta esta obriga, pois non ofreceu unha verdadeira opción alternativa e non permitiu un consentimento libre e específico por parte dos usuarios.
En novembro de 2024, Meta introduciu unha nova opción que di empregar menos datos persoais. A Comisión está a avaliar este novo modelo, mais a decisión anunciada hoxe refírese ao período entre marzo e novembro de 2024, durante o cal a única opción dispoñible era o modelo binario.
Ademais, a Comisión decidiu que Facebook Marketplace deixa de estar suxeito á DMA, ao constatar que en 2024 tivo menos de 10.000 usuarios empresariais, non cumprindo así os requisitos para ser considerado unha plataforma de intermedicación relevante.
A resposta de Meta a esta resolución da Comisión Europea pode considerarse bastante cínica, xa que emprega o argumentario político de Donald Trump asegurando que non se trata dunha multa, senón dun imposto aplicado por Europa a empresas de fóra. Tamén aseguran que a Comisión quere que Meta ofreza un servizo de inferior calidade, prexudicando indirectamente á empresas europeas que contratan publicidade personalizada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?