Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O iPhone podería ter que aceptar tendas de aplicacións de terceiros nos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O iPhone podería ter que aceptar tendas de aplicacións de terceiros nos EE.UU.

Redacción
Publicado: 06/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rep-cammack-official.jpgA representante republicana Kat Cammack presentou hoxe no Congreso dos Estados Unidos a App Store Freedom Act, unha proposta lexislativa que pretende frear as prácticas anticompetitivas das plataformas dominantes no mercado das aplicacións móbiles. O texto establece novas obrigas para as grandes tendas de aplicacións (aquelas con máis de 100 millóns de usuarios nos EE.UU.), co obxectivo de aumentar a competencia e dar máis liberdade tanto a consumidores como a desenvolvedores.
Entre os puntos principais da lei figura a esixencia de permitir que os usuarios poidan instalar aplicacións ou tendas de terceiros, fixalas como opción predeterminada e eliminar ou agochar as aplicacións preinstaladas nos dispositivos, na liña do que xa acontece na Unión Europea. Tamén se obriga a garantir un acceso igualitario e sen custos ás interfaces e ferramentas de desenvolvemento para todas as empresas.
app-store-freedom-twitter.jpg A iniciativa prohibe ademais que os operadores de tendas obriguen os desenvolvedores a usar o seu sistema de pagamento interno, que impoñan condicións de paridade de prezos ou que penalicen a distribución das aplicacións fóra da súa plataforma.
A proposta foi ben acollida por actores relevantes do sector. Desde Spotify, a súa directora de Asuntos Públicos, Dustee Jenkins, cualificou a lei como «un cambio fundamental» que «abrirá permanentemente a economía das aplicacións». Pola súa banda, a Coalition for App Fairness (CAF) celebrou a iniciativa como «un paso vital cara a un ecosistema xusto e competitivo».
A App Store Freedom Act inscríbese nun movemento máis amplo dentro do Congreso estadounidense para aumentar o control sobre as grandes tecnolóxicas e frear o que consideran abusos de posición dominante en distintos mercados dixitais.
Esta proposta lexislativa chega unha semana despois de que a xuíza Yvonne Gonzalez Rogers obrigase a Apple a deixar de cobrar comisións abusivas por compras fóra da súa plataforma e de pór atrancos á información sobre métodos de pagamento alternativos, que é precisamente a causa pola que hai un par de semanas a Comisión Europea sancionou a Apple cunha multa de 500 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?