Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Relaxan a presión arancelaria entre China e EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Relaxan a presión arancelaria entre China e EE.UU.

Redacción
Publicado: 12/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aranceis_scott_bessent.jpgOs Estados Unidos e China acordaron mutuamente unha redución temporal dos aranceis durante 90 días, nun intento de rebaixar a tensión na súa guerra comercial, que enfronta ás dúas maiores economías do mundo, cun importante impacto sobre o sector tecnolóxico.
O acordo foi pechado durante a fin de semana en Xenebra por representantes de ambos países e contempla que os Estados Unidos reduzan os dereitos de importación sobre bens chineses do 145 % ao 30 %, mentres que China aplicará un recorte dos aranceis aos produtos estadounidenses do 125 % ao 10 %.
Este pacto non afecta á eliminación da excepción de minimis, que entrou en vigor o 2 de maio e puxo fin á exención arancelaria para envíos inferiores a 800 dólares, usada por plataformas como Temu e Shein, o que está a ter un impacto directo nos seus negocios.
«Concluímos que temos un interese compartido», declarou o secretario do Tesouro estadounidense, Scott Bessent, nunha rolda de prensa en Xenebra. «Queremos un comercio máis equilibrado, e creo que ambas partes están comprometidas con ese obxectivo. Ningunha das dúas quere unha ruptura total».
Esta tregua de 90 días pretende abrir unha fiestra para negociar un acordo comercial definitivo, estando encargados da negociación o vicepresidente do Consello do Estado chinés, He Lifeng, o secretario do Tesouro dos EE.UU., Scott Bessent, e o representante comercial dos EE.UU., Jamieson Greer, que realizarán unha serie de conversas que se celebrarán alternativamente en China e os EE.UU. (ou nun terceiro país acordado polas partes, como foi este último caso).

ACTUALIZACIÓN: Finalmente tamén introduciron unha redución de aranceis para os minimis do 120  ao 54 % e cancelaron a suba de aranceis prevista para o mes de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?