Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mozilla anuncia o peche de Pocket
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mozilla anuncia o peche de Pocket

Marcus Fernández
Publicado: 22/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

37590519_1595789100550900_7865446013723475968_n.jpgDurante anos a aplicación móbil Read It Later foi todo un referente ao facilitar aos usuarios o gardado de contidos de interese atopados na web para a súa lectura pausada posterior, coa vantaxe de ser unha solución multiplataforma, de xeito que os contidos que localizados na web podían consumirse no móbil e viceversa.
Aínda que esta solución era de pagamento, no ano 2012 decidiu transformarse nun servizo freemium, ou sexa, que a meirande parte das súas funcionalidades estaban accesibles completamente de balde, e acompañando esta transformación decidiron tamén mudar de nome a Pocket.
45698613_1756644041132071_5745507154928861184_n.jpgEste servizo de marcadores en liña foi adquirido por Mozilla en 2017, e o que parecía unha magnífica nova para o futuro deste servizo con millóns de usuarios de todo o mundo rematou converténdose na súa condena, xa que Mozilla está a pasar por momentos complicados, polo que decidiron centrar os seus esforzos no navegador web Firefox, anunciando que Pocket botará o peche o vindeiro 8 de xullo.
Este anuncio chega despois de varios meses con Pocket presentando serios problemas de rendemento, o que podería ser un anticipo de que xa non estaba a recibir os recursos que precisaba, e co anuncio de hoxe eliminan a posibilidade de descargar a aplicación de Pocket, deixan claro que o servizo deixará de operar en xullo, e permitirá que os usuarios poidan exportar os seus marcadores ata o 8 de outubro, data tras a que eliminará definitivamente todos os datos do servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?