O anuncio da compra por parte de OpenAI da empresa de deseño de produtos orientados á IA de Jony Ive está a dar moito que falar, con rumores sobre a posibilidade de que no futuro vexa a luz unha alternativa ao iPhone alimentado pola tecnoloxía que hai detrás do ChatGPT, pero os tiros non parecen ir por aí, pois segundo The Wall Street Journal, Altman tería falado sobre o tema cos traballadores de OpenAI, asegurando que están ante «a oportunidade de facer a meirande cousa que fixemos nunca como empresa» e destacando que o produto que crearán non serán un par de lentes.
Aseguran pretender vende un cento de millóns de acompañantes de IA que poidan formar parte do día a día de calquera, e aínda que a adquisición corporativa custase a OpenAI 6.500 millóns de dólares en accións, Sam Altman estiman que podería incrementar a valoración de OpenAI nun billón de dólares.
Os produtos que crearían terían que ser transparentes ao usuario, mentres son conscientes de todo o que os rodea, de xeito que podería levarse no peto ou pousarse no escritorio, de xeito que non substituiría aos ordenadores ou aos smartphones, senón que os complementaría como unha nova categoría de produto, da que non dan máis detalles para evitar que a competencia os copie antes de que teñan o seu produto listo, para o que teremos que agardar a algún momento de 2026.
Tamén comentan que estes novos produtos estaba previsto que os desenvolvese e comercializase directamente a compañía creada por Jony Ive, que simplemente empregaría a OpenAI como provedor de intelixencia artificial, pero segundo foron avanzando decatáronse de que era imposible chegar á meta sen unha colaboración máis estreita, o que desembocou na súa integración en OpenAI.
O futuro produto de OpenAI non será un wearable
Compartir Este Artigo
