Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan as funcionalidades que preparan para a aplicación Sergas Móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan as funcionalidades que preparan para a aplicación Sergas Móbil

Redacción
Publicado: 03/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250603_presentacion_canles_dixitais_sergas_2.jpgA secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, e o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón, presentaron esta mañá en convocatoria de prensa as novas funcionalidades que se incorporarán á aplicación Sergas Móbil, entre as que se inclúe a posibilidade de activar un chat directo de mensaxería entre profesionais sanitarios e pacientes.
Lobato adiantou que nos vindeiros días a Xunta publicará a licitación do contrato para o desenvolvemento destas ferramentas dixitais, cun orzamento de 1.517.824 euros, tal e como adiantou onte o presidente da Xunta. O obxectivo, sinalou, é “reforzar e ampliar as canles de comunicación entre a sanidade pública e a cidadanía”.
Neste contexto, destacou algúns datos que amosan a consolidación do uso da aplicación do Servizo Galego de Saúde, que xa supera os dous millóns de usuarios rexistrados (2.188.151).
Durante o ano 2024 realizáronse 7.026.375 consultas telefónicas en atención primaria, 1.707 videoconsultas en ámbitos tanto de primaria como hospitalario, e 11.121 pacientes con doenzas crónicas están actualmente telemonitorizados a través do servizo de teleasistencia Telea. Ademais, os centros de saúde devolveron 19.661 chamadas a pacientes.
Tamén foi significativo o uso da tarxeta sanitaria dixital, empregada por 834.512 persoas no último ano, e o envío de 15.586.319 mensaxes de texto personalizadas no marco de campañas de cribado e vacinación.

Novas prestacións

O subdirector xeral Benigno Rosón explicou que, entre as melloras previstas, destaca a incorporación do iChat, un servizo de mensaxería directa entre paciente e profesional. Aínda que actualmente Sergas Móbil xa permite o envío de documentos a través da carpeta de É-Saúde, agora preténdese facilitar un intercambio máis fluído de información, incluídas imaxes e consultas, tanto en tempo real como de xeito asíncrono.
A aplicación tamén contará cun asistente virtual baseado en intelixencia artificial xerativa, ao que se lle poderá consultar en galego ou castelán mediante mensaxes de voz ou texto.
Ademais, desenvolverase un sistema de seguimento para que os acompañantes poidan coñecer en tempo real o avance do proceso asistencial dos pacientes en servizos como urxencias, hospitalización ou hospital de día.
Tamén está previsto incluír un asistente integral que proporcione orientación sobre trámites previos a intervencións cirúrxicas, vídeos explicativos e recomendacións de coidados posteriores.
Segundo o previsto na licitación, as novas funcionalidades deberían estar desenvolvidas antes do 30 de xuño de 2026, e a súa implantación realizaríase de forma progresiva ata finais de 2027, unha vez verificada a súa efectividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?