Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple podería apostar por ChatGPT ou Claude para mellorar Siri
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple podería apostar por ChatGPT ou Claude para mellorar Siri

Redacción
Publicado: 01/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple_intelligence_videoframe_6090176.jpgMark Gurman asegura dende Bloomberg que Apple está a considerar un cambio radical na súa estratexia de intelixencia artificial ao estudar a posibilidade de empregar modelos de linguaxe de OpenAI ou Anthropic en lugar dos seus propios modelos fundacionais para alimentar unha nova versión de Siri. A decisión, aínda en fase inicial, podería marcar un punto de inflexión na súa carreira pola intelixencia artificial e suporía recoñecer as limitacións actuais da súa tecnoloxía interna.
Varias fontes terían confirmado que a compañía de Cupertino xa mantivo conversas con ambas as empresas para avaliar a viabilidade de executar versións personalizadas dos seus modelos nos seus propios servidores de nube privada, baseados en chips de fabricación propia. Esta solución permitiríalle manter o control sobre a infraestrutura e preservar a privacidade dos usuarios.
A iniciativa xurdiu tras o relevo na dirección de Siri, agora baixo responsabilidade de Mike Rockwell (anteriormente á fronte do desenvolvemento das Vision Pro) e Craig Federighi, quen tomaron as rendas despois da perda de peso de John Giannandrea, o ata agora máximo responsable da área de IA. A reorganización veu motivada polos atrasos no lanzamento das novas funcionalidades de Siri e pola fría acollida da plataforma Apple Intelligence.
O equipo dirixido por Rockwell probou os principais modelos comerciais, incluído Gemini de Google, e concluíu que a tecnoloxía de Anthropic é a máis prometedora para mellorar Siri. A pesar diso, as negociacións con Anthropic atópanse estancadas por cuestións económicas, xa que a startup esixe un contrato plurianual de miles de millóns de dólares con incrementos progresivos. Isto deixou a porta aberta a un posible acordo con OpenAI ou incluso con outras compañías.
Internamente, esta posible viraxe cara a tecnoloxías alleas xerou malestar entre os enxeñeiros de Apple, especialmente entre os que traballan nos modelos fundacionais. Algúns ven este xiro como un sinal de desconfianza no seu traballo e estudan ofertas doutros actores do sector como Meta ou a propia OpenAI, onde os paquetes salariais poden triplicar os de Apple.
A presión para mellorar Siri é grande. A nova versión prometida con funcionalidades como control máis preciso das aplicacións e análise de contido en pantalla segue sen estar lista, e o seu lanzamento foi adiado ata a primavera de 2026.
A empresa tampouco descarta movementos estratéxicos maiores no eido da IA. Nos últimos meses barallou a compra de Perplexity e mantivo conversas con Thinking Machines Lab, fundada pola exdirectiva de OpenAI Mira Murati.
Se finalmente Apple opta por un modelo externo, a súa estratexia achegaríase á de rivais como Samsung, que emprega Gemini nos seus dispositivos baixo a marca Galaxy AI. Con todo, no longo prazo, os executivos consideran que Apple debería recuperar o control total da súa IA cando a tecnoloxía interna estea á altura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?