Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destaca a importancia do proxecto Twin NavAux
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destaca a importancia do proxecto Twin NavAux

Redacción
Publicado: 02/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250702_dxpem_xornadaciberseguridade_1.jpgO director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou esta mañá a importancia de aproveitar as oportunidades que ofrece a era dixital para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en sectores clave da economía galega, como o naval, a automoción ou a aeronáutica.
«Un reto co que a Xunta de Galicia está firmemente comprometido a través da participación en proxectos como o Twin NavAux», salientou durante a apertura das xornadas celebradas hoxe en Vigo baixo o título Tecnoloxías avanzadas nun xemelgo dixital intelixente. Casos de éxito – Proxecto Twin NavAux.
Fernández Vila lembrou que o obxectivo principal do programa Twin NavAux é sentar as bases tecnolóxicas e establecer as condicións para a formación do persoal necesario que permita a implantación masiva de xemelgos dixitais de produtos, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorrexión. Trátase dun proxecto enfocado no impulso desta tecnoloxía na industria auxiliar naval de Galicia e do Norte de Portugal, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP).
O Twin NavAux dispón dun orzamento duns 1,4 millóns de euros, dos cales algo máis dun millón proceden de fondos Feder e o resto achegado polos socios do consorcio. Entre estes atópanse, xunto coa Xunta de Galicia, a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), a Universidade da Coruña, o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), a Universidade Portucalense Infante Dom Henrique e as empresas Ibercisa Deck Machinery SA, Industrias Ferri SA e Electrorayma SL.
A xornada contou coa intervención do recoñecido experto en ciberseguridade Chema Alonso, así como coa participación dos responsables de numerosas empresas galegas e portuguesas que presentaron os xemelgos dixitais que están a desenvolver e as tecnoloxías que os sustentan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?