Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Numerosos medios independentes piden medidas contra a Vista creada con IA de Google
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Numerosos medios independentes piden medidas contra a Vista creada con IA de Google

Redacción
Publicado: 07/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

horas_alanis_coliseum.jpgUn grupo de editores independentes presentou unha queixa formal ante a Comisión Europea contra Google, acusando á compañía de abusar da súa posición dominante no mercado das buscas en liña a través da súa función Vista creada con IA, resumos xerados por intelixencia artificial que aparecen destacados nos resultados do buscador e dispoñibles en España dende o pasado mes de marzo.
Dende a Independent Publishers Alliance consideran que Google «está a facer un uso indebido do contido web para os Vista creada con IA en nos resultados de busca, o cal ten causado e segue a causar un prexuízo significativo aos editores, incluídos os de novas, en forma de perda de tráfico, lectores e ingresos». A queixa tamén solicita á Comisión a adopción dunha medida cautelar para evitar un dano que consideran «irreparable».
Google comezou a incorporar publicidade nestes resumos de IA o pasado mes de maio, integrándoos nos resultados de busca en máis de 100 países. A empresa defende que esta funcionalidade crea novas oportunidades para que os negocios e os contidos sexan descubertos, asegurando que «envía miles de millóns de clics ás webs cada día» e que os cambios no tráfico «poden deberse a moitos factores, como a demanda estacional, os intereses dos usuarios ou as actualizacións do algoritmo».
Porén, os editores denuncian que estes resumos están xerados a partir de contido seu, sen opción real de excluírse desa utilización sen desaparecer á vez dos resultados xerais de busca. Inciden no feito de que «os editores non poden optar por non participar no adestramento do modelo de linguaxe de Google nin na xeración de resumos sen perder visibilidade no buscador».
foxglove_theft.jpg A Movement for an Open Web, que inclúe anunciantes e editores dixitais, e a organización británica sen ánimo de lucro Foxglove Legal Community Interest Company, tamén asinan a denuncia, e non dubidan ao describir as novas prácticas de Google como un «roubo de novas». Rosa Curling, codirectora de Foxglove, advertiu de que «o xornalismo independente enfróntase a unha ameaza existencial: as Vistas creadas por IA de Google», e pediu aos reguladores europeos e doutros países que actúen para garantir que os medios poidan excluírse destas prácticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?