Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 24 de outubro comezarán as emisións da NBA en Prime Video
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O 24 de outubro comezarán as emisións da NBA en Prime Video

Redacción
Publicado: 18/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nba_prime_opening_night.jpgPrime Video confirmou que ofrecerá en exclusiva 67 encontros da tempada regular da NBA 2025-26, nunha aposta sen precedentes polo baloncesto na súa plataforma en España. A cobertura arrincará o venres 24 de outubro cunha dobre xornada que reavivará rivalidades recentes dos Playoffs: Boston Celtics contra New York Knicks e Minnesota Timberwolves contra Los Angeles Lakers.
A programación incluirá tamén partidos internacionais en Europa, coa cita en Berlín o 15 de xaneiro e en Londres o 18 de xaneiro de 2026, onde se enfrontarán Orlando Magic e Memphis Grizzlies. Ademais, Prime Video retransmitirá en exclusiva as Finales da NBA en xuño, converténdose na primeira edición de NBA en Prime en España.
A plataforma dará especial protagonismo á Emirates NBA Cup 2025, cuxa fase de grupos comezará o 31 de outubro co duelo entre Philadelphia 76ers e Boston Celtics. Durante cinco semanas consecutivas ofreceranse dobres xornadas con choques destacados como Nuggets–Warriors (7 de novembro), Heat–Knicks (14 de novembro) ou Pacers–Cavaliers (21 de novembro). O Black Friday, 28 de novembro, marcará o final da fase de grupos cos encontros Bucks–Knicks e Mavericks–Lakers. As eliminatorias da NBA Cup xogaranse do 9 ao 16 de decembro en Las Vegas.
Entre os partidos sinalados do calendario figuran algúns clásicos e duelos entre estrelas: Celtics–Lakers (6 de decembro), Thunder–Mavericks de Cooper Flagg (6 de decembro), a revancha das Finales 2025 entre Thunder e Pacers (23 de xaneiro) ou Lakers–Warriors (9 de abril), que volverá reunir a LeBron James e Steph Curry. Thunder, Lakers, Knicks e Warriors serán os equipos con máis presenza en Prime Video, con dez partidos cada un.
A cobertura inclúe oito partidos en horario europeo de máxima audiencia, con especial atención ás figuras do continente como Victor Wembanyama (Spurs), Giannis Antetokounmpo (Bucks) e os irmáns Wagner (Magic).
No tramo decisivo, Prime Video ofrecerá tamén o SoFi NBA Play-In Tournament 2026 (14 a 17 de abril), un terzo dos encontros de primeira e segunda rolda dos Playoffs, unha serie de finais de conferencia e, por primeira vez en España, as Finales da NBA de xuño de 2026.
Lembremos que Prime Video fíxose cos dereitos das retransmisións da NBA para os vindeiros 11 anos, polo que será interesante ver como a plataforma orientada ao vídeo baixo demanda explota o negocio dos deportes en directo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?