Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa Branca estrea conta en TikTok pese a estar prohibido o seu uso nos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa Branca estrea conta en TikTok pese a estar prohibido o seu uso nos EE.UU.

Redacción
Publicado: 20/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tiktok_white_house.jpgA Casa Branca vén de abrir a súa primeira conta oficial en TikTok, unha decisión coa que busca chegar aos máis de 170 millóns de usuarios da aplicación nos Estados Unidos e difundir así as mensaxes do presidente Donald Trump. O perfil estreouse cun vídeo no que se ve a Trump declarando «son a vosa voz», acompañado dun texto que dicía: «America estamos de VOLTA! Que hai de novo, TikTok?».
O presidente republicano xa fixera un uso intensivo da plataforma na campaña electoral de 2024, cando derrotou á demócrata Kamala Harris. A súa conta persoal acumula hoxe máis de 15 millóns de seareiros. Ademais, Trump segue apoiándose en Truth Social como canle principal e emprega ocasionalmente X.
gyv9sgyw0aavpfd.jpg A secretaria de prensa da Casa Branca, Karoline Leavitt, asegurou que o Goberno está decidido a comunicar «os éxitos históricos entregados polo presidente ao pobo estadounidense a través do maior número posible de audiencias e plataformas». Segundo indicou, a intención é consolidar a influencia acadada en TikTok durante a campaña electoral e marcar diferenzas coas administracións anteriores.
O lanzamento da conta prodúcese no medio da polémica sobre o control chinés da aplicación. A lei aprobada en 2024 obrigaba TikTok a cesar a súa actividade nos Estados Unidos o 19 de xaneiro deste ano se ByteDance non vendía os activos no país nin amosaba avances claros cara a un desinvestimento. Trump, xa no seu segundo mandato, decidiu prorrogar o prazo en varias ocasións, primeiro ata abril, logo ata xuño e finalmente ata o 17 de setembro.
Estas extensións xeraron críticas entre lexisladores que acusan a Administración de ignorar a lei e de pasar por alto os riscos de seguridade nacional derivados da dependencia de TikTok respecto das autoridades chinesas, e coa apertura dunha conta oficial da Casa Branca na plataforma social podería estar a cometerse unha nova ilegalidade por parte da Administración Trump, xa que a lei que prohibe TikTok nos EE.UU. non de derrogou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?