Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pretenden recuperar a consola Vectrex cunha versión Mini
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Pretenden recuperar a consola Vectrex cunha versión Mini

Marcus Fernández
Publicado: 10/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

papi_geek_531190387_18410785081128876_3763420575655832434_n.jpgA videoconsola Vectrex, singular máquina dos anos 80 que prescindía dun televisor externo apostando por gráficos vectoriais nun monitor CRT integrado (que puidemos ver nos últimos anos en numerosas feiras como RetroCoruña), está a piques de regresar en formato miniatura.
O impulso vén da man de David Flynn Oghia, quen acaba de anunciar unha campaña de micromecenado en Kickstarter para facer realidade a Vectrex Mini, unha reinterpretación moderna que busca preservar o espírito da orixinal sen caer na simple nostalxia.
Oghia, que leva anos vinculado á comunidade retro, presentou o proxecto en eventos como Gamescom e en foros especializados, onde a acollida foi entusiasta. A nova consola manterá a estética vertical e o deseño compacto, pero substituirá a pantalla CRT por unha AMOLED de cinco polgadas. Esta decisión, aínda que non exenta de controversia entre os puristas, responde á vontade de ofrecer unha experiencia accesible e viable tecnicamente. O dispositivo incluirá conexión HDMI, mando sen fíos e compatibilidade con tarxetas SD, abrindo a porta a xogos homebrew e a futuras expansións.
vectrex-miniwhite.jpg A campaña, que aínda non está activa pero xa conta con centos de seguidores atentos ao seu lanzamento, propón tamén edicións limitadas en branco e negro, descartando opcións como o dourado por cuestións técnicas. Oghia explicou que quixo ofrecer algo especial, e que o branco lle pareceu unha opción elegante e viable. A edición limitada de 200 unidades en branco terá un prezo de 219 euros, mentres que a edición normal custará 149 euros, aínda que os primeiros mecenas poderán conseguir un prezo máis axustado (pois ofreceranse 50 unidades a 99 euros e outras 200 unidades a 129 euros).
A Vectrex Mini quere reivindicar unha forma de xogar que foi única na súa época. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Take-Two intenta frear os proxectos que buscan levar GTA VI a PC antes do seu lanzamento oficial

25/11/2026
VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?