Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Guerra de prezos nos plans de telecomunicacións con fútbol incluído
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Guerra de prezos nos plans de telecomunicacións con fútbol incluído

Marcus Fernández
Publicado: 19/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

orange_tarifazo_45euros.jpgNas últimas semanas non paramos de ver ofertas moi agresivas por parte dos operadores de telecomunicacións para captar clientes doutras compañías e, paralelamente ás ofertas que reducen o prezo ao máximo para competir con Digi, chegan tamén as ofertas de Movistar e Orange que coinciden nun detalle para moitos esencial: inclúen toda a programación futbolística por un prezo de só 45 euros/mes durante os primeiros 12 meses.
Estas ofertas son intermitentes e non están dispoñibles para todos os usuarios, pois depende incluso da compañía coa que te conectas á páxina web dos operadores. No caso de Orange, falamos dunha tarifa de fibra de 1 Gbps con router Wi-Fi 7, fixo con chamadas ilimitadas a fixos (e mil minutos a móbiles), 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados, televisión con máis de 90 canles e todo o fútbol, Netflix con anuncios e Amazon Prime por 45 euros/mes durante 12 meses (con permanencia durante 12 meses de querer gozar do beneficio de instalación de balde).
movistar_oferta_45_euros.jpgPola súa banda, Movistar ofrece fibra de 600 Mbps con router Smart Wi-Fi 6, 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas con 60 e 5 GB de datos respectivamente e unha completa oferta audiovisual (máis de 80 canles de televisión, Movistar Plus+, HBO Max, SkyShowtime e Apple TV+) a un prezo de 45 euros/mes durante 12 meses (sen permanencia).
Estamos ante unha guerra de prezos que claramente beneficia aos consumidores, aínda que pode resultar moi molesto ter que mudar de operador cada ano de non querer pagar os 126/134 euros que custan estas tarifas fóra de promoción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?