Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Talento 2025 recoñecen a aportación ao audiovisual dun par de figuras galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Os Premios Talento 2025 recoñecen a aportación ao audiovisual dun par de figuras galegas

Redacción
Publicado: 24/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_talento.jpgA Academia de Televisión e das Ciencias e as Artes do Audiovisual recoñeceu este ano a traxectoria de Ghaleb Jaber Ibrahim, fundador e presidente da produtora CTV, cun dos Premios Talento 2025. O galardón destaca «a excelencia dos profesionais que, detrás das cámaras, contribúen de forma decisiva ao valor do audiovisual español».
Jaber Ibrahim, que agradeceu o recoñecemento compartíndoo co sector audiovisual galego, lembrou que Galicia leva catro décadas exportando creatividade e talento dende a creación da Televisión de Galicia. «Os profesionais galegos, creativos e técnicos, traballaron incansablemente para levar a capacidade produtiva de Galicia ao resto do mundo, algo máis accesible grazas ás plataformas actuais», sinalou.
ghaleb-jaber-ibrahim-1.jpg Nacido en Nablus (Palestina) en 1950, Ghaleb Jaber chegou a Galicia aos 17 anos e licenciouse en Santiago en 1976. Empresario polifacético, fundou o Grupo Araguaney e a produtora CTV en 1985, ambas firmas pioneiras no ámbito tecnolóxico e cultural. O hotel Araguaney foi o primeiro de España con antena parabólica e acolleu as emisións da primeira televisión local do país, Radio Televisión Compostela.
Dende CTV, Jaber liderou unha das etapas máis fértiles da produción audiovisual galega. A empresa, con sede en Teo e arredor dun cento de empregados, é responsable de algúns dos programas máis emblemáticos e duradeiros da TVG, como Luar, Pratos Combinados, Land Rober Tunai Show ou Libro de familia. Tamén impulsou a dobraxe ao galego de series míticas como Dallas ou A nanny.
Nos últimos anos, CTV apostou pola internacionalización con títulos como O sabor das margaridas (Netflix), Motel Valkirias (HBO Max) ou Dalia, a modista (TVG). A primeira converteuse nun fenómeno global, situándose no top 10 de Netflix en países de Europa e América.
Os recoñecementos acompañan unha traxectoria sólida: o Premio Iris polo Land Rober Tunai Show, varios Mestre Mateo e o Premio da Cultura Galega polo éxito de O sabor das margaridas.
Máis alá do audiovisual, Jaber tamén destaca polo seu labor cultural e filantrópico a través da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, que promove o diálogo entre o mundo árabe e o hispano e impulsa o Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL.
Aos seus 75 anos, o empresario e produtor continúa apostando pola innovación e a formación. «A miña maior afección é aprender, e a riqueza máxima está en compartir os coñecementos», conclúe quen fixo do seu percorrido vital un punto de encontro entre culturas e pantallas.

Gema R. Neira (Bambú Producciones)

570577351_18434241556097143_7623887696151916666_n.jpgOs Premios Talento 2025 tamén recoñecen á guionista e directora de desenvolvemento de Bambú Producciones, Gema R. Neira, «pola súa excelencia profesional que, detrás das cámaras, contribúe de forma decisiva ao valor do audiovisual español».
Esta profesional nada en Ferrol e formada na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, e comezou a traballar en Bambú Producciones en 2008, onde participou en traballos como Velvet, Fariña, Las chicas del cable ou El Caso Asunta, así como a máis recente Manual para señoritas, series que conseguiron grande éxito tanto na televisión tradicional como en plataformas de vídeo baixo demanda, servindo de mostra da proxección internacional que poden conseguir as producións españolas (que en varias ocasións contan con grande participación galega).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?