Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Nós coloca o galego na vangarda das tecnoloxías da linguaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Nós coloca o galego na vangarda das tecnoloxías da linguaxe

Marcus Fernández
Publicado: 21/01/2026
11 Min de Lectura
Compartir
11 Min de Lectura

senen_barro_ilenia-011.jpgNo mes de decembro Santiago de Compostela acolleu a xornada de presentación dos resultados de ILENIA-Proxecto Nós, na que deron conta doa avances conseguidos nos últimos tres anos para situar a nosa lingua na vangarda das tecnoloxías da linguaxe e da intelixencia artificial, o que aproveitamos para falar con Senén Barro, director do CiTIUS, institución que, xunto co ILG, manexou o temón do equipo investigador desta iniciativa.

— Pode comentarnos como xurdiu o Proxecto Nós? Que motivou a súa posta en marcha?
— A orixe do proxecto é moi interesante. Houbo dúas empresas galegas, Atlanticponte e Plexus, que viron a oportunidade de que os fondos europeos activados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia serviran para impulsar un proxecto de país para que o galego se situase na economía e sociedade dixital. Foi só unha idea, pero moi feliz. Trasladaron esa idea á USC, coñecedores de que a través do CiTIUS e o ILG tíñamos o coñecemento e a competencia en investigación para impulsar un proxecto pensado para chegar á industria, ás administracións públicas e á sociedade en xeral, pero que necesariamente tiña que partir da investigación. Tomamos a idea, a desenvolvimos con ambición, pero tamén con concreción, e a trasladamos á Xunta, entendendo que un proxecto de país para o galego e as tecnoloxías intelixentes require do liderado político, administrativo e financeiro da administración autonómica. A partir de aí Nós comeza o seu camiño.

— Que riscos tería que dende Galicia non se avanzase no ámbito da IA centrándose na nosa lingua?
— Unha lingua que non estea ou estea escasamente presente no mundo dixital, no das máquinas, que é día a día unha parte maior do mundo no que vivimos, traballamos ou do mundo do lecer, será máis pronto que tarde unha lingua irrelevante. Pero non se trata só de preservar a lingua, aínda sendo isto o máis importante, senón aproveitar as oportunidades que abre en todos os sentidos a IA e as tecnoloxías da linguaxe en particular. Renunciar a ser competentes e competitivos nese terreo é renunciar a un futuro mellor.

senen_barro_ilenia-098.jpg— Cales eran os principais obxectivos do Proxecto Nós? Foron acadándose as súas mestas? Hai algún fito especialmente significativo do que sentir orgullo?
— Non podemos falar nunca dos obxectivos do proxecto Nós en pasado, senón en futuro. En última instancia son obxectivos para sempre. Doutro modo sería como dicir que en temas de comunicacións Galicia podería darse por satisfeita coa rede de rede de estradas, autoestradas, aeroportos ou portos que hoxe ten. Podemos estar máis ou menos satisfeitos do que temos como infraestruturas que facilitan a mobilidade de persoas e mercadorías, pero se nos detemos aquí en poucos anos estaríamos illados do resto do mundo e entre nós. Pois coas tecnoloxías para o galego é o mesmo. Os primeiros anos de Nós supuxeron crear os recursos básicos, como os corpus de voz e texto, practicamente inexistentes antes; formar técnicos e investigadores; desenvolver os recursos tecnolóxicos básicos, como sintetizadores e recoñecedores de voz ou tradutores; aprender a crear modelos de linguaxe… En definitiva, situarnos na vangarda das tecnoloxías da linguaxe e situar ao galego entre as linguas desenvolvidas a nivel tecnolóxico. Creo que ter acadado este punto é o noso principal logro. Pasamos da irrelevancia á importancia.

— Cómpre salientar que unha das cousas que se fixo dende o Proxecto foi abrir a colaboracións. Que papel xogou ese enfoque no desenvolvemento do Proxecto?
— Nun proxecto como Nós as colaboracións son esenciais. Colaboracións co resto de centros de investigación de España responsables dos equivalentes ao proxecto Nós para as outras linguas oficiais do Estado. Colaboracións con Portugal, co que nos unen linguas, galego e portugués, que proceden dun tronco común. Colaboracións dentro de Galicia, con outros centros de investigación e moi especialmente coas administracións públicas e a industria, ademais de outras organizacións públicas e privadas. É máis, a medida que Nós se vai desenvolvendo e vai gañando corpo, as colaboracións son máis intensas e útiles, particularmente con todo o tecido produtivo.

— A nivel técnico houbo algún desafío especialmente difícil de superar? Poderiamos dicir que a principal barreira é a falla de recursos lingüísticos cos que traballar? Ou tamén dende un punto de vista tecnolóxico hai dificultades salientables?
— O primeiro e gran desafío foi partir case da nada en canto á dispoñibilidade de corpus de texto e voz. Calquera recurso tecnolóxico, e singularmente os modelos de IA de voz e texto, requiren grandes cantidades de datos e de calidade. Imaxínese que ten que trazar unha rede de autovías e carece dos materiais para construílas. Pois así foi o arranque do proxecto Nós. As cousas cambiaron radicalmente nestes anos e o mellor de todo é que todos eses datos están dispoñibles para calquera, son de acceso libre, están documentados, a súa orixe é declarada e a calidade contrastada. Por darlles un dato, somos o décimo idioma do mundo en corpus de voz en Common Voice, Para o lector que o descoñeza, Common Voice é un proxecto aberto da Mozilla Foundation que ten como obxectivo recompilar voces de persoas de todo o mundo para crear bases de datos de voz libres e públicas nas distintas linguas.

— Dos resultados presentados en sociedade do Proxecto Nós, cales considera que son os que van ter un traslado máis inmediato á sociedade galego?
— Penso que as voces sintéticas, de altísima calidade, e tamén o tradutor entre galego-castelán-inglés, o primeiro feito para o galego con tecnoloxía de modelos grandes de linguaxe, cuxa calidade supera a calquera outro. Pensemos que a tradución é unha das tarefas automatizadas que se usan de modo máis intensivo no mundo.

senen_barro_ilenia-101.jpg— Na presentación de resultados comentouse a posibilidade de colaborar con iniciativas privadas. Está a espertarse interese entre as empresas para abrirse ás posibilidades das ferramentas desenvolvidas dentro do Proxecto Nós?
— Si, así é. Ata agora nós buscábamos esa colaboración pero costaba moito xa que as empresas ou non vían a rendibilidade da mesma, por estar o proxecto Nós aínda en fases moi preliminares, ou pensaban que ía a ser unha colaboración circunscrita ao galego e, agás que ese fose o seu foco directo, a consideraban menos interesante. Agora danse conta de que Nós é un proxecto maduro que xa fixo aportacións relevantes e útiles para as empresas, pero que ademais pode acompañalas en desenvolvemento de produtos, servizos e aplicacións, e non só para o galego. De feito, acabamos de publicar unha chamada dirixida ás empresas e organizacións públicas para que nos presenten as súas ideas ou proxectos, buscando o noso apoio. Está aberto ata finais de mes.

— Aínda que a sociedade estea a demandar que os asistentes de IA comerciais falen a nosa lingua, iso non é algo doado de conseguir. Iniciativas como o Proxecto Nós poden contribuír dalgún xeito a tal obxectivo? Ou habería que percorrer outros sendeiros para traer polo rego aos xigantes tecnolóxicos?
— Só polo feito de ter desenvolvido corpus de voz e texto de gran tamaño e calidade, estamos seguros de que hai grandes empresas, mesmo algún deses xigantes tecnolóxicos, que están usándoos para mellorar a competencia en galego dos seus modelos de IA, servizos e produtos. Ao ter eses datos accesibles, sen problemas de uso e ser de alta calidade, non lles supón ningún esforzo usalos e os usan. De non estar así dispoñibles, desde logo ditas empresas non se molestarían en conseguilos pola súa conta, xa que non os considerarían relevantes para os seus modelos de negocio. Esta é outra aportación excepcionalmente importante do proxecto Nós, xa que no noso caso non temos opción algunha de poder desenvolver os modelos de IA e outras tecnoloxías intelixentes que si están ao alcance destas compañías.

— Para concluír, que futuro ten o Proxecto Nós? Manterase como unha iniciativa central ou veremos escisións das súas ferramentas en distintos proxectos en función das necesidades do mercado e dos avances da tecnoloxía?
— Se o proxecto Nós non se ve pola Xunta e incluso polo Estado, como un proxecto sen fin, non ten sentido. Volvo ao de facer a analoxía co absurdo que resultaría facer unhas excelentes infraestruturas de comunicación, pero que xa nunca máis se van a mellorar nin a continuar. Penso que o Estado debería impulsar e coordinar un proxecto para o conxunto de linguas de España, en estreita colaboración coas comunidades autónomas que temos linguas propias, e que a Xunta debería ter a principal responsabilidade pública non só para impulsar con un investimento crecente a continuidade do proxecto Nós, senón para axudar a valorizar nas empresas e administracións públicas o seus resultados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?