O galego consolÃdase como lingua tecnolóxica tras tres anos de avances do Proxecto Nós no marco de ILENIA
xoves, 18 de decembro do 2025
Santiago de Compostela acolleu esta mañá a xornada TecnoloxÃa en galego: resultados de ILENIA–Proxecto Nós, un encontro no que se deron a coñecer os principais avances acadados nos últimos tres anos para situar o galego na vangarda das tecnoloxÃas da linguaxe e da intelixencia artificial. O acto celebrouse no Centro de Estudos Avanzados e reuniu representantes da Administración, da universidade e do tecido empresarial, nunha mostra do modelo de colaboración público-privada que sustenta a iniciativa.
A apertura institucional correu a cargo de Aleida Alcaide, directora xeral de Intelixencia Artificial do Goberno de España, quen salientou a importancia de integrar plenamente as linguas oficiais nas TIC e puxo en valor o talento existente en Galicia. A continuación, Elisa Fernández Rei, directora do Instituto da Lingua Galega, e Senén Barro, director do CiTIUS da USC, presentaron o balance do trienio 2022–2025 de ILENIA–Proxecto Nós. Fernández Rei subliñou a necesidade de seguir avanzando para garantir o exercicio dos dereitos lingüÃsticos no mundo dixital, mentres que Barro advertiu de que «todos os recursos que se comprometan para poñer en valor estas tecnoloxÃas serán ben investidos e sempre serán escasos», engadindo que o realmente custoso serÃa non facelo.
Un dos fitos máis destacados é o salto cuantitativo na recompilación de datos lingüÃsticos. Nos últimos tres anos, as horas de voz para recoñecemento automático da fala pasaron de 10 a 3.227 e o galego multiplicou por 20 a súa presenza na plataforma pública Common Voice, ata acadar arredor de 385 horas de rexistros colaborativos. Este avance sitúa o galego como a décima lingua do mundo, entre 163, con maior volume de datos nesta plataforma aberta, grazas tamén á colaboración de máis de 6.000 doadores de voz e ao apoio da Xunta para garantir a representación de acentos e variedades dialectais.
Durante a xornada presentáronse tamén casos de uso e ferramentas abertas desenvolvidas no proxecto, como o primeiro tradutor neuronal en galego de código aberto, integrado xa na Plataforma de Tradución Automática da Axencia Estatal de Administración Dixital, asà como solucións de sÃntese de voz con especial atención á naturalidade e ao carácter libre dos recursos. Entre elas destacou AhoMyTTS, unha ferramenta que permite xerar voces sintéticas personalizadas, incluso pensadas para persoas que poidan perder a súa voz natural no futuro. Ademais, expúxose o traballo en técnicas de Xeración Aumentada de Información (RAG) para mellorar a fiabilidade dos modelos de linguaxe e reducir as alucinacións.
No ámbito da Administración autonómica, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, salientou a importancia da implantación real dos resultados do Proxecto Nós nos servizos públicos. Cerviño explicou que a AMTEGA está a avaliar a integración das novas tecnoloxÃas desenvolvidas no proxecto como evolución do Tradutor Gaio, que rexistra anualmente máis de 13 millóns de peticións de tradución, e destacou que o obxectivo é mellorar a calidade, a naturalidade e o contexto das traducións nos servizos dixitais da Xunta.
A sesión dedicada ao acceso e uso dos recursos incidiu na filosofÃa aberta do Proxecto Nós, coa posta a disposición pública de datos, modelos e ferramentas para favorecer a transferencia do coñecemento cara ás empresas, ás administracións e á sociedade. Neste contexto anunciouse a integración do proxecto en ALIA, unha iniciativa pioneira na Unión Europea que busca dotar dunha infraestrutura pública de recursos de intelixencia artificial para o castelán e as linguas cooficiais. Tamén se presentaron as factorÃas de IA en España, entre elas a galega 1HealthAI, con sede operativa no CESGA e orientada aos ámbitos da saúde e da eficiencia enerxética.
A xornada incluÃu unha mesa redonda sobre a importancia do galego no mundo dixital, con participación de empresas galegas que destacaron a necesidade de datos de calidade e de tecnoloxÃas especÃficas para linguas cooficiais en contornas reais de produción. Neste debate púxose de manifesto a importancia da colaboración entre investigación, empresa e administración para asegurar a presenza da lingua propia nos novos desenvolvementos tecnolóxicos e para crear unha industria galega arredor da intelixencia artificial e das tecnoloxÃas lingüÃsticas.
Durante a sesión non faltou un acto de agradecemento ás entidades colaboradoras co Proxecto Nós, que van dende as editoriais galegas, entidades públicas, medios de comunicación audiovisual e medios dixitais, sen faltar incluso esta mesma publicación, na que se encargou de recoller a distinción do agradecemento o seu director, Xosé MarÃa Fernández Pazos.
Na clausura, o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, ValentÃn GarcÃa, incidiu no compromiso do Goberno autonómico coa presenza dixital do galego e coa súa incorporación ás linguaxes tecnolóxicas, destacando os avances acadados desde a posta en marcha do Proxecto Nós en 2020.
O responsable de Lingua fixo fincapé nos logros acadados pola iniciativa da Xunta desde o seus inicios «facilitando a creación dunha ampla variedade de ferramentas e de recursos de alta calidade e de uso libre» e resaltou que «é esencial recibir as axudas que nos corresponden para
seguir desenvolvendo este tipo de programas para que a nosa lingua se use en
plataformas e aplicacións».
Xunto a el interveu o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen reivindicou o galego como «lingua tecnolóxica» e defendeu que «un idioma nunca resta, multiplica», sinalando as achegas estatais a proxectos como ILENIA e ALIA como primeiros pasos cara a un futuro no que o galego sume tamén no ecosistema da intelixencia artificial.
O Proxecto Nós ten como obxectivo situar o galego canda as linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxÃa da lingua e da intelixencia artificial, mediante a creación de infraestruturas básicas como corpus abertos, modelos de linguaxe, tradutores automáticos, recoñecedores de voz e sistemas de sÃntese. Ademais de garantir os dereitos lingüÃsticos da comunidade galegofalante no mundo dixital, a iniciativa contribúe á modernización do tecido empresarial e á creación de novos produtos e servizos baseados no uso do galego en contornas tecnolóxicas avanzadas.
