Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netflix ameaza con denunciar a ByteDance pola vulneración dos dereitos das súas series
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Netflix ameaza con denunciar a ByteDance pola vulneración dos dereitos das súas series

Marcus Fernández
Publicado: 19/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seedance_stranger_things_02.jpgTras reclamacións por parte da Disney, a MPAA e o sindicato SAG-AFTRA por mor da vulneración masiva do copyright por parte do modelo de xeración de vídeo Seedance 2.0, dende ByteDance aseguraron que ían introducir salvagardas que impedisen esas prácticas, pero nas plataformas de redes sociais non cesan de publicarse vídeos xerados con tal tecnoloxía empregando personaxes de películas e series de televisión con total impunidade, o que levou a Netflix a remitir á compañía chinesa unha carta de cese e desistencia.
Segundo o documento, asinado por Mindy LeMoine, directora de Litixios de Netflix, a compañía acusa a ByteDance de permitir que Seedance actúe como «un motor de pirataría de alta velocidade», ao xerar obras derivadas non autorizadas baseadas en contidos orixinais da plataforma.
seedance_stranger_things_03.jpg A empresa de Reed Hastings sinala que existen probas forenses que apuntan á xeración masiva de recreacións de series e producións propias. Entre os exemplos citados figuran representacións non autorizadas de contidos dos Bridgerton (incluíndo escenas dun baile de máscaras e o vestido Lady in Silver do personaxe Sophie Baek), recreacións de alta fidelidade do final de Stranger Things (con aparición de Demogorgons e do Devoramentes), reproducións dos escenarios e da boneca Young-hee de El Juego del Calamar, así como imitacións do estilo visual e dos deseños de personaxes do filme animado Las guerreras K-pop.
Netflix asegura que nunca autorizou o uso dos seus contidos para adestrar ou alimentar o modelo e sostén que estas prácticas constitúen tanto infracción directa como secundaria do copyright. Ademais, rexeita que poidan quedar amparadas pola doutrina do fair use, especialmente ao tratarse, segundo indica, dun produto comercial competidor que «regurxita o orixinal».
No apartado de esixencias, a compañía reclama catro medidas inmediatas: a implementación de barreiras técnicas que impidan a xeración de contidos semellantes ás súas obras protexidas; a eliminación do material de Netflix dos conxuntos de datos de adestramento e das creacións xa xeradas; a identificación de todas as infraccións producidas; e a revogación do acceso a terceiros que empreguen Seedance para producir derivados non autorizados.
seedance_patriota_superman.jpg De non recibir resposta rapidamente Netflix iniciaría accións xudiciais contra ByteDance, algo que tamén podería facer Sony e Warner, compañías que tamén remitiron sendas cartas de cese e desistencia por considerar que o conglomerado chinés está a vulnerar os seus dereitos de propiedade intelectual pese a ter prometido tomar medidas para evitalo.
Temos así que practicamente todos os xigantes do audiovisual están a posicionarse contra a tecnoloxía de Seedance 2.0, aínda que non sería de sorprender que ByteDance frease rapidamente a xeración de contidos que vulneran o copyright por considerar que xa cumpriron co obxectivo de converter a súa tecnoloxía de xeración de vídeo en todo un referente global, constatando que os modelos chineses son os novos líderes no sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?