Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RTVE Play volve apostar polo formato de canle dixital pese a fracasos anteriores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

RTVE Play volve apostar polo formato de canle dixital pese a fracasos anteriores

Redacción
Publicado: 20/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

en_play_16946655.jpgRTVE Play reforza a súa estratexia arredor dos contidos de entretemento en directo coa posta en marcha da nova canle dixital En Play, que comezará a emitir o vindeiro luns. A proposta ofrecerá máis de oito horas diarias de programación de luns a xoves, cunha grella baseada en formatos orixinais producidos con medios propios da corporación pública.
A iniciativa recolle a experiencia de Open Play, espazo que dificilmente podemos considerar un éxito se vemos como en YouTube os directos case nunca superaban a barreira das 2.500 reproducións pese á longa duración do espazo), e amplía esa liña con novos presentadores e programas exclusivos.
open_play_en_youtube.jpg A oferta en directo constitúe o eixo central da nova canle. En colaboración coas produtoras Thinketers e Àtic, En Play artéllase arredor de dúas tiras diarias que se emitirán desde as 19:30 horas ata o comezo de La Revuelta.
A primeira será El recreo, conducido por Ángela Fernández e Mariang Maturana (coñecida como La quinqui), que explorará os contidos máis atrevidos e comentados da Internet, acompañadas por colaboradores como Marta Riesco, Valeria Ros, Germán González, Laura del Val ou Andrea Compton.
A continuación, a partir das 20:45 horas, Inés Hernand estrearase en solitario á fronte de La retaguardia, un formato centrado na actualidade diaria tratada en clave de humor. O programa contará cun amplo cadro de colaboradores, entre eles Al Pil Pil, Nerea Pérez de las Heras, Marina Lobo, Marina Rivers, Guillermo Alonso e Samantha Ballantines.
Tras a conexión con La Revuelta, En Play continuará apostando polo humor coa continuidade de espazos como Sale como sale e Un nuevo sendero, con Ignatius Farray, e incorporará novas voces como Dani Rovira e Arturo González Campos, que levarán ao canal o seu podcast Mi persona favorita en horario nocturno.
A transversalidade dos contidos de RTVE tamén terá presenza destacada na nova canle. Entre as 16:30 e as 19:30 horas emitirase unha franxa dedicada a producións en vídeo de RNE. O programa Mañana más, conducido por Ángel Carmona, contará cunha primeira ventá en formato audiovisual todas as tardes entre as 16:30 e as 18:30 horas. De maneira excepcional, no día da estrea o seu horario trasladarase ao late night cun especial emitido desde o Teatro del Barrio.
Entre as 18:30 e as 19:30 horas, En Play ofrecerá videopodcast procedentes da plataforma RNE Audio, incluíndo a estrea de novos espazos como ¡Menudo cuadro!, con Carlota Corredera, David Insua e David Andújar, así como unha nova tempada de Podcast el Podcast e Las del Cadillac. Tamén dará o salto ao formato vídeo o exitoso podcast Influrrealismo mágico, conducido por Lorena Macías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?