Os axustes na súa política de comisións na tenda de aplicacións de Google para Android tras unha resolución xudicial confiábase en que abrise a porta ao regreso do videoxogo Fortnite a Google Play, e finalmente Epic Games anuncia que xa non queda nada para celebrar o retorno do célebre xogo á tenda de aplicacións, pois será mañá mesmo cando Fortnite volverá a Google Play a nivel mundial.
Epic Games leva un tempo procurando que Fortnite estea dispoñible de novo en dispositivos móbiles, e aínda que o retorno á App Store xa se realizou hai meses, esta medida non se aplicou a Europa (onde segue a ser preciso empregar a tenda de aplicacións de Epic para instalar o xogo nos dispositivos móbiles de Apple), polo que o retorno global a Google Play vese con moi bos ollos, xa que elimina a necesidade de instalar unha tenda de aplicacións adicional ou de recorrer a unha instalación de paquetes insegura.
O retorno de Fortnite a Google Play coincide co lanzamento de novos contidos para o xogo

