O regreso de Assassin’s Creed Black Frag cun remake que está a ter bastante boa aceptación (ten unha puntuación de 84 en Metacritic), non está a ter o reflexo que debería no equipo que o desenvolveu dende Ubisoft Barcelona, estudio que estaría a prescindir de 51 traballadores, o que aseguran que sería unha decisión tomada pola compañía con independencia do resultado do seu traballo.
Días antes de rematar o traballo en Assassin’s Creed Black Flag Resynced, o equipo encargado dos xogos de Assassin’s Creed en Barcelona tería sido desbandado e 51 traballadores despedidos, o que parece un xeito pouco xusto de recompensar un bo labor. De feito, os martes e xoves entre o 30 de xuño e o 16 de xullo os traballadores de Ubisoft Barcelona están a celebrar xornadas de folga en protesta desta inxustiza.
Ubisoft celebra o novo Assassin’s Creed con despedimentos
Compartir Este Artigo
