
Nas últimas horas numerosos usuarios de iPhone que instalaron a beta 5 de iOS 27 están a dar conta que coa súa compañía de telefonía (Movistar ou Orange) está a aparecer no seu dispositivo o logotipo de 5G+, o que indicaría que están conectados a unha rede móbil 5G SA (standalone), ou sexa, que a conexión non dependería dunha infraestrutura 4G.
Cómpre salientar que os iPhone soportan as numerosas modalidades de 5G dende hai anos, polo que a novidade é puramente estética. Simplemente ata o momento os móbiles de Apple simplemente amosaban o logotipo de 5G con independencia do tipo de conexión empregada, e agora teñen un abano máis amplo de iconas de estado.
Por desgraza, a cobertura 5G SA é moi irregular en España, de aí que moitos usuarios non notasen as vantaxes da 5G, xa que a versión que teñen (NSA) carece de prestacións como unha latencia reducida e unha maior capacidade de rede.
O feito de que Apple comece a distinguir a 5G sobre redes 4G da 5G independente é algo que podería promover que os operadores melloren as súas redes, xa que os móbiles da mazá estarían a delatar o desleixo de certos operadores coas súas redes de telefonía móbil.

