
Esta semana comentouse que a operación de fusión entre Paramount e Warner Bros. Discovery podería pecharse o martes que vén, consolidando o acordo pechado no mes de febreiro, e de cara a esta operación o responsable da operación, David Ellison, vén de realizar unha publicación en X na que estaca a importancia da compañía resultante e anuncia o nome que adoptará: Skydance.
Esta decisión resulta bastante reveladora, xa que en vez de adoptar o nome das grandes marcas fusionadas, escolle unha das menos relevantes, pero que curiosamente corresponde á produtora fundada polo propio Ellison hai un par de décadas. Quedamos así coa impresión de que o poder económico da familia Ellison facilitou a compra de Paramount Global e de Warner Bros. Discovery, aínda que vistan as operacións de fusións entre grandes produtoras e grupos de comunicación.

Aínda que a nivel de produción audiovisual non haberá grandes cambios nos primeiros meses (dados os compromisos adoptados para a autorización da fusión), a grande dúbida tras a fusión é o que acontecerá coa CNN e CBS News, medios de comunicación que poden xogar un rol moi importante a nivel político nos EE.UU., o que moi probablemente se traduza nunha importante perda de diversidade informativa para a cidadanía.

