O Grupo Euskaltel, formado por Euskaltel (Euskadi), R (Galicia) e Telecable (Asturias), vén de presentar os resultados relativos ao primeiro trimestre de 2017. Segundo fai saber o Grupo, sen dúbida un dos grandes fitos da súa traxectoria presenta é a incorporación ao seu seo de Telecable, formalizada esta mesma semana e co obxectivo de crear, no norte de España, a gran compañía líder do mercado en materia de cable. Outro dos grandes fitos é a taxa de medre obtida nos ingresos, do 0,4% no segmento residencial. Ademais, en cuestión de telefonía móbil, o Grupo foi quen de acadar unha cifra marca do 80% (a porcentaxe de clientes seus que contan co servizo de móbil achegado pola compañía). En banda larga logrouse unha taxa do 84,4% e en televisión de pago do 58,9%.
Non plano máis concreto, o Grupo Euskaltel pechou o seis primeiros meses do ano cun crecemento en 35.500 novas liñas de telefonía móbil, que supoñen un incremento do 4,8% sobre a mesma data do exercicio anterior. Semellante tendencia rexistrou no eido da TV de pago, que medrou en preto de 10.000 novas liñas (un 3,5% máis ca no primeiro semestre do 2016).
Respecto das cifras de mercado puramente ditas, na primeira metade de 2017 o Grupo Euskaltel logrou uns ingresos de 279,3 millóns de euros, fronte aos 286 millóns de euros do primeiro semestre do ano anterior, o que supón un descenso do 2,3%. Isto, malia o crecemento devandito do 0,4% rexistrado no segmento residencial, constata unha período complexo para a compañía, de caída de ingresos, motivado polos resultados do segmento empresa e polo “lastre” que supuxo para o Grupo “o impacto da perda do contrato do Goberno vasco”.
Malia todo, o conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, Francisco Arteche, destacou “o bo comportamento rexistrado no primeiro semestre a pesar da forte competitividade e da incidencia dos impactos extraordinarios sobre os resultados”, e mostrouse “optimista” sobre a evolución dos resultados da compañía no segundo semestre, mantendo a previsión anunciada ao mercado ao comezo do exercicio.
Arteche mencionou entre as iniciativas lanzadas polo Grupo para consolidar e fortalecer o seu posicionamento de liderado no segmento residencial, o lanzamento do primeiro decodificador do mercado baseado en Android con calidade de imaxe 4K (“para que os clientes poidan mellorar a súa experiencia coa TV)” e a modernización da calidade e a capacidade de rede co despregamento de DOCSIS 3.1, que a mediados de ano alcanzaba xa ao 42% da rede en Euskadi.
Respecto ao segmento empresa, o conselleiro delegado do Grupo Euskaltel sinalou que para final de ano “empezaremos a ver o inicio do crecemento dos ingresos e os primeiros resultados positivos das novas iniciativas postas en marcha neste segmento”. Tamén lembrou que a compañía gañou o concurso da Xunta de Galicia ata 2020, “a maior conta do operador nesta Comunidade”.
O Grupo Euskaltel consegue en 2017 un medre de 35.000 novas liñas de móbil
Compartir Este Artigo
