
O obradoiro TIC Arqueolóxico, con 224.000 euros de orzamento, ten como obxectivo a “posta en valor e comunicación do patrimonio arqueolóxico de Lugo”, amais de facilitar a formación de 16 desempregados maiores de 18 anos e fornecelos de coñecementos para a súa posterior inserción laboral. De xeito complementario búscase impulsar a actividade no Vello Cárcere, centro que conta cun espazo adicado á arqueoloxía.
Segundo a proposta municipal, aprobada integramente pola Xunta, este obradoiro terá unha duración de 9 meses e desenvolverase no Vello Cárcere. Entre as actuacións principais que abranguen as diferentes especialidades formativas a impartir atópase a dixitalización en 3D de bens móbeis e inmóbeis do patrimonio histórico e arqueolóxico do municipio, a elaboración de diversas programacións culturais para desenvolver no Vello Cárcere e a creación dunha canle tecnolóxica cultural.
En canto ao outro obradoiro que poñerá en marcha o Concello, trátase do Lugo Cóidate, que ten un importe de 135.000 euros, 6 meses de duración e 15 beneficiarios, neste caso, menores de 30 anos. Ofrecerase formación e traballo no coidado e atención de persoas maiores, dependentes e nenos e nenas.
O TIC-Arqueolóxico e o Lugo Cóidate súmanse aos programas de emprego que ten en marcha o Concello: Inicia Coworking, Mellora Lugo e (Con) trato feito!
O programa TIC Arqueolóxico de Lugo comeza este mes con 16 alumnos
Compartir Este Artigo

