Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A semana que vén Pontevedra celebrará a segunda edición do TEK-FEST
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A semana que vén Pontevedra celebrará a segunda edición do TEK-FEST

Redacción
Publicado: 21/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tek-fest_21587288_995034063967710_8449042921166671402_o.jpgO Museo de Pontevedra, sede principal do festival TEK-FEST, acolleu a presentación da segunda edición deste encontro de tecnoloxía e patrimonio que desenvolverase entre os días 25 e 30 de setembro cun completo programa de actividades. No seis días que dura esta iniciativa impartiranse obradoiros e conferencias, realizaranse encontros e incluso poderase asistir a performances sonoras no que será unha mostra das disciplinas que tocará o TEK-FEST este ano: a realidade virtual, a artesanía dixital, a fotografía inmersiva e a innovación aplicada aos tecidos. Estes ámbitos conectarán coa memoria da cidade de Pontevedra para amosar ao mundo a potencialidade de pór en valor o patrimonio a través de tecnoloxías emerxentes.
No acto de presentación, o concelleiro de Xuventude e Tecnoloxía, Alberto Oubiña, destacou que «se o ano pasado o lema do TEK-FEST era “a cidade do futuro”, este ano facemos unha viaxe inversa para conectar o pasado e o presente, sempre con esa idea de proxectar o futuro». Pola súa banda, o delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, destacou «a necesidade de situarnos na vangarda para comprender o tempo que vivimos», salientando que a súa entidade aposta polo TEK-FEST como «unha iniciativa con percorrido que axude, a través da tecnoloxía, a estreitar a relación que a cidadanía ten co patrimonio cultural».
tek-fest_21640790_995034003967716_4214585549226628373_o_detalle.jpgO director artístico do certame, Toño Cabanelas, subliñou a potencialidade que ten o uso do patrimonio nas tecnoloxías emerxentes. Cabanelas tamén é responsable do obradoiro de realidade virtual e patrimonio fotográfico que ten lugar no TEK-FEST, e do que sairá unha peza artística que se enviará a festivais internacionais especializados neste novo medio.
O TEK-FEST tamén achegará a Pontevedra a primeira Mostra Internacional de VR e Patrimonio, cunha selección de 6 pezas de realidade virtual, ás que sumaranse os resultados do obradoiro con imaxes 3D de Pontevedra.
O festival tamén renderá homenaxe aos pioneiros da tecnoloxía en Galicia, de xeito que este ano terán como protagonista ao finado inventor compostelán Juan Portela Seijo, inventor de aparellos electroacústicos como o Organ Sound, altofalante modular inspirado nos órganos da catedral de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?