
Como novidade desta edición, e no marco da colaboración establecida entre o Clúster e Filmarket Hub, os proxectos participantes no I+P Ideas Para Producir gozarán de 1 ano de inscrición gratuíta no mercado online da plataforma Filmarket Hub, onde, segundo informa o Clúster Audiovisual Galego, poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica.
As empresas e os profesionais do sector audiovisual que desexen participar nesta xornada poden inscribir os seus proxectos ata o 10 de outubro. Para isto teñen que enviar por mail o formulario que atoparán na páxina web do Clúster (www.clag.es) a comunicacion@clag.es. A partir do día 30 de outubro a organización comunicará aos seus respónsabeis os proxectos seleccionados para participar no pitching que se vai celebrar en Compostela.
O CLAG convoca a creadores, produtoras e distribuidoras para impulsar novos contidos dixitais
Compartir Este Artigo
