
Segundo informa a Deputación, entre as novidades máis salientables da versión máis recente áchanse un xestor documental e máis unha aplicación de facturación, ademais de control de tesourería e opción de traballar en galego ou en castelán.
Este programa, que a área de Economía e Facenda da Deputación permite descargar de maneira libre e de balde, foi desenvolvido de maneira específica “para facilitar a contabilidade e a documentación da xestión económica das entidades, unha obriga para aquelas asociacións que reciben fondos públicos”, explica a entidade provincial, engadindo que a ferramenta “supón un importante aforro de custos e tempo no traballo diario e permite acadar maiores niveis de transparencia e seguridade xurídica, tanto nas relacións entre as entidades e a administración, coma entre os responsables de cada entidade e os seus membros”.
A Deputación da Coruña presenta a nova versión da súa app Conta Doada
Compartir Este Artigo
