Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase Palleira.gal, o catálogo aberto do patrimonio de Combarro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Preséntase Palleira.gal, o catálogo aberto do patrimonio de Combarro

Redacción
Publicado: 24/10/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

presentacion_palleira.jpgEste sábado 21 de outubro celebrouse na Escola do Campo de Combarro o lanzamento oficial da web Palleira.gal, unha iniciativa da asociación Xeopesca destinada a materializar e afianzar un catálogo dixital libre dos bens de interese cultural do casco histórico de Combarro. No acto fíxose saber, a maiores, que se trata dun proxecto que contou co apoio da Xunta (Plan de Acción do Software Libre de AMTEGA) e que o seu nome (Palleira.gal) alude directamente ao xeito de denominar os horreos da veciñanza de Combarro: palleiras. Á presentación asistiron unhas trinta persoas, incluíndo representantes de Xeopesca (Xosé Rial), O Zulo (Alberto Permuy), o Concello de Poio (Xulio Barreiro) e AMTEGA (Eladio Otero).
Xosé Rial espuxo os obxectivos de Palleira.gal (amosar información detallada dos emblemáticos elementos da vila pontevedresa), os porqués do nome do proxecto e as súas orixes. Ao fio disto último, sinalou que a iniciativa é herdeira doutros proxectos anteriores como aculturadaauga.org e abeancos.gal, levados a cabo en Mugardos e Melide, respectivamente. Rial tamén expresou a súa confianza en que o proxecto presentado en Combarro sirva “non só para divulgar o patrimonio do casco histórico da vila de Combarro, senón tamén para ofrecerse como modelo co fin de que o facho da cultura local continúe a alumearse noutras comarcas e vilas”.
Xeopesca lembrou igualmente o traballo despregado pola asociación A Solaina, cuxa colaboración, sinalou Rial, “foi fundamental para o desenvolvemento do proxecto”. Tamén agradeceu á Concellería de Patrimonio e da oficina do ARI de Combarro a cesión de información “que enriqueceu a iniciativa”, así como a colaboración das familias propietarias das palleiras, “piares fundamentais da plataforma-catálogo ao proporcionar información sobre estes elementos e a súa contorna”.
Segundo explicou Rial, Palleira.gal tamén é un proxecto etnográfico, que revela os costumes que tiñan as familias, e que “nos axuda a comprender mellor o pasado”, unha condición imprescindible, engadiu, “para percorrer do mellor xeito as calellas do futuro”.
No acto tamén se informou das mans que están a impulsar o catálogo, unha equipa multidisciplinar impulsada por Xeopesca e especializada en diferentes eidos de traballo (arquitectura técnica, enxeñaría técnica informática, historia, tradución e interpretación…), formada por Manuel Pastoriza, Pablo Belay, David Belay, Verónica Castiñeira, Andrés Dacosta, Tamara Andrés, Alberto Permuy e Xosé Rial.
Palleira.gal foi creado con dous obxectivos básicos: por unha banda coñecer e recoñecer o contexto histórico e social no que foron construídas e empregadas as palleiras en Combarro; pola outra, achegar un catálogo de palleiras individual e pormenorizado no que se ofrecerá a súa xeolocalización e incorporará tanto características arquitectónicas como aquelas aportadas pola intrahistoria familiar.
presentacion_palleira2.jpgO catálogo acubilla arestora 8 hórreos. Xeopesca anunciou que de maneira periódica publicará un novo elemento ata chegar ás 76 palleiras existentes no casco histórico. “Esta estratexia”, explicou Rial, “permitirá ter unha web dinámica con actualizacións durante todo o ano”. Unha vez cubertos todos os hórreos, catalogaranse outros bens existentes no casco vello coma os cruceiros. Xeopesca non desbota ampliar o marco xeográfico ata cubrir zonas máis amplas, toda a parroquia ou mesmo o concello. Todo este traballo poderase seguir a través da web e das redes sociais coas que contará o propio proxecto.
Por cada ben rexistrado mostrarase unha imaxe do elemento, a súa xeolocalización, a súa tipoloxía, o seu enderezo, a accesibilidade, o seu estado, o século e ano de construción, a propiedade, o uso que se lle dá e o tipo de protección que posúe. Ademais, visualizarase unha descrición detallada do elemento, amosaranse as súas dimensión e identificaranse as distintas partes do ben. Igualmente, amosarase información sobre a historia familiar dos propietarios de cada palleira.
Rial tamén incidiu en que o proxecto tecnolóxico utilizado por palleira é software libre, indicando que calquera pode descargar o proxecto, estudalo, instalalo e mesmo melloralo.
Alberto Permuy, pertencente a asociación O Zulo de Mugardos e principal desenvolvedor do sitio web do que xurdiron non só Palleira.gal, senón tamén os desvanditos catálogos dixitals Aculturadaauga.org e Abeancos.gal, lembrou os comezos “dun proxecto que permitiu crear un catálogo dixital de lavadoiros en Mugardos” e amosou a súa satisfacción na capacidade de espallamento deste proxecto, que chegou primeiro en Melide, despois a Poio e, en datas vindeiras, tamén a Teo (A Coruña).
No apartado tecnolóxico, Permuy comentou que Palleira.gal supón “un avance con respecto aos outros portais” e centrou a súa intervención en dous apartados: no software libre e na facilidade de acceso a datos. No primeiro punto, comentou “a facilidade de instalación do proxecto”, xa que o código publicado baixo licencia GPL é público, e “o empaquetado da plataforma facilita a súa instalación por calquera programador”. Tamén fixo fincapé nas facilidades para a descarga dos contidos (fotos e textos) de Palleira.gal a través de formatos estruturados e libres.
Xulio Barreiro, concelleiro de Patrimonio de Poio, felicitou a Xeopesca polo traballo realizado e comentou que o catálogo dixital “aumenta o coñecemento sobre un dos emblemas de Combarro, as palleiras”. Para rematar a rolda de prensa, interviu o xefe de innovación tecnolóxica da AMTEGA, Eladio Otero, quen comentou que a iniciativa forma parte do convenio que a Xunta de Galicia asinou coas asociación de software libre de Galicia, así como a asociación empresarial AGASOL dentro do Plan de Acción do Software Libre 2017. Otero apuntou a maiores que “un proxecto tecnolóxico baseado no software e contidos libres beneficia a toda a sociedade a través da mostra, neste caso, de bens de interese cultural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?