
Respecto do talento e a captación e retención do mesmo, Argerey sinalou que se lle dará continuidade aos programas Oportunius e Principia, con 3,4 millóns de euros, “aos que se engadirá unha liña para facilitar a contratación de persoal investigador sénior por parte de centros de coñecemento e empresas, cun orzamento dun millón de euros”.
No que atinxe á transferencia tecnolóxica, prolongarase e reforzarase o programa Ignicia, con 2,5 millóns de euros, co obxectivo de “impulsar entre 7 e 10 novos proxectos de proba de concepto que acheguen a investigación galega ao mercado”. Ademais, activarase unha convocatoria para o fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos para apoiar a dotación e actualización de equipamento actualizado e diferencial, que permitirá mobilizar 13 millóns de euros.
Respecto da cultura da innovación nas PEME, manterase o programa Innova PEME e lanzaranse dous novos programas: o Reacciona Innovación (en colaboración co IGAPE e destinado ás firmas que queiran orientar o seu camiño cara á innovación e para que teñan acceso a servizos especializados) e un programa de impulso do deseño como factor facilitador da innovación, “que conecta a empresa co mercado cun enfoque de innovación non tecnolóxica”.
Así mesmo, lanzarase a cuarta convocatoria do Conecta PEME, con 25 millóns de euros, coa finalidade de “desenvolver proxectos innovadores en cooperación”. Por outra banda, no marco do polo tecnolóxico e industrial de vehículos non tripulados de Rozas (que conta con 9 millóns de euros consignados no orzamento do vindeiro ano), Argerey explicou que se vai pór en marcha un programa de aceleración de proxectos aeroespaciais “para que emprendedores de todo o mundo poidan validar as súas solucións e xerar actividade económica”. A aceleradora, que contará coa colaboración de Indra e Babcock, busca apoiar 15 start-ups. Tamén está prevista a incorporación dun espazo de coworking e viveiro de empresas en Lugo, nas instalacións do antigo hospital.
Do mesmo xeito, tamén se dará continuidade ao programa de I+D+i da Civil UAVs Initiative, que segundo fixo saber a directora de GAIN, “está a xerar 170 empregos altamente cualificados, tanto en Indra como en Babcock como nas 17 PEME e centros tecnolóxicos galegos que están subcontratados ata o de agora”.
GAIN afronta 2018 con máis orzamentos e máis foco no talento e na innovación
Compartir Este Artigo

