O dos servizos de automatización de tarefas máis populares, IFTTT, que permite definir receitas nas que os usuarios poden programar accións en funcións dunhas condicións predefinidas, que poden ir dende programar a calefacción en función das medicións dunha estación meteorolóxica ata a publicación en redes sociais de contidos sen intervención humana, vén de estrear unha novidade que agradecerán moitos usuarios de ordenadores persoais: o soporte de Cortana.
Isto quere dicir que agora poderemos empregar o asistente de voz de Windows 10 para efectuar accións de distinto tipo, sen ter que mover un dedo. As receitas dispoñibles permiten, por exemplo, que mediante a nosa voz podamos acender ou apagar unha lámpada Philips Hue, acender unha cafeteira WeMo ou dicirlle ao robot aspiradora Samsung que remate o seu traballo.
Esta funcionalidade resultará de grande utilidade, xa que Cortana está dispoñible tanto en Windows 10 como en dispositivos móbiles e incluso está a iniciar a súa implantación en altofalantes conectados, e a súa elevada dispoñibilidade facilita así o control de centos de servizos dispoñibles a través de IFTTT. Polo momento o uso de Cortana con IFTTT parece restrinxido a EE.UU.
O asistente de voz de Windows 10 por fin pode empregarse para o control domótico
Compartir Este Artigo
