A xornada de onte estivo protagonizada pola detención en Alemaña de Carles Puigdemont como parte dunha operación de servizos secretos, pero este seguimento do expresidente de Cataluña tivo unha importante compoñente tecnolóxica segundo desvelou laSexta Noticias, que asegura que foi posible grazas á colocación dunha baliza no seu automóbil con matrícula belga e no sinal do seu móbil.
A detención realizouse grazas á cooperación entre a Oficina Federal de Investigación Criminal de Alemaña (BKA) e a Policía Nacional española en coordinación co CNI, como reacción á reactivación da orde europea de detención e entrega contra Puidgemont, fuxido da Xustiza.
Segundo comentan, o Renault Espace con matrícula belga no que se desprazaba o expresidente catalán levaba unha baliza que facilitaba a súa posición e movementos de xeito constante, o que permitiu ás forzas de seguridade a elección do momento máis axeitado para efectuar a detención de cara a unha previsible repatriación a España. Ao parecer o teléfono de Puigdemont tamén tería sido un elemento chave para a súa localización (entendemos que para establecer unha vinculación entre Puigdemont e a baliza no vehículo).
Unha baliza no seu vehículo tería facilitado a detención de Puigdemont
Compartir Este Artigo
