Para facilitar a identificación de tendencias e éxitos musicais en YouTube veñen de renovar os seus rankings para amosar un total de 44 destinos, de xeito que podemos coñecer tanto os éxitos globais como os de cada país. Deste xeito temos agora listaxes do más destacado en YouTube en España no ámbito musical, recollendo concretamente as tendencias, as mellores cancións, os mellores vídeos musicais e os artistas principais nun lugar centralizado que fai doado ter unha panorámica do sector musical.
As listaxes de YouTube están baseadas no volume de reproducións, non na calidade dos temas, e actualízanse semanalmente, aínda que cómpre destacar que mentres as listaxes de vídeos, cancións e artistas miden reproducións xerais nos últimos 7 días, no caso das tendencias a listaxe colle como referencia os vídeos musicais que se fixeron populares inmediatamente despois do seu lanzamento, ou sexa, que busca servir para detectar os novos éxitos. Como exemplo temos que o tema Marinero de Maluma está líder en tendencias con menos de 22 millóns de reproducións, o que está bastante ben se temos en conta que o vídeo estreouse hai menos dunha semana, pero loxicamente aínda está moi lonxe da canción máis reproducida, Te Boté (Remix), que vai camiño dos 257 millóns de reproducións nun mes.
Cómpre destacar que no raking de cancións YouTube analiza as súas distintas versións, mentres que na listaxe de vídeos musicais cada clip compite de xeito independente, de xeito que o vídeo musical máis visto en España sería Sin Pijama (que na listaxe de cancións está en segundo posto). O matiz é lixeiro, e na actualidade apenas pode percibirse nun par de intercambios de posicións, resultando máis interesante a cuarta listaxe recollida, a relativa a artistas principais, que actualmente lidera Ozuna, quen no último mes tivo preto de 64 millóns de reproducións en España e, se miramos nos últimos 7 días, superaría os 15 millóns de reproducións, mentres que o segundo posicionado, J Balvin, tería que conformarse con algo máis de 10 millóns de reproducións, polo que as distancias son bastante pronunciadas, e permiten así detectar claramente os artistas que teñen un maior impacto.
YouTube permite consultar as cancións e artistas de máis éxito en España
Compartir Este Artigo
