Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A XVII edición de Mundos Digitales contará cos mellores creadores de contidos dixitais do mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A XVII edición de Mundos Digitales contará cos mellores creadores de contidos dixitais do mundo

Redacción
Publicado: 15/06/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mundos_img_8251.jpgMundos Digitales, o congreso internacional máis importante para os profesionais do sector da animación, os efectos especiais, videoxogos e os novos media que se celebra en España, abrirá de novo as súas portas do 5 ao 7 de xullo na Coruña para celebrar as súa XVII edición. De novo, os tres días do congreso acollerán conferencias, obradoiros e encontros cos mellores creadores da industria, que expoñerán as máis novas técnicas de creación dixital en cinema, televisión, videoxogos, publicidade e novas aplicacións que van desde a arquitectura dixital ata o márketing.
«Un ano máis, teremos a responsables de grandes estudos norteamericanos e europeos como Walt Disney ou Epic Games e a estrelas do sector como Jayse Jansen ou Mike Ladlaw, pero tamén entre os conferenciantes hai moitos profesionais españois: algúns traballan nas grandes multinacionais do sector e outros evolucionaron ata crear as súas propias compañías, convertéronas en punteiras e están a desenvolver proxectos de gran envergadura de forma independente», sinala o director de Mundos Dixitais, Manuel Meijide, quen engade que «estamos nun momento clave para o sector en Galicia, coa posta en marcha dun grao de creación de contidos dixitais, animación e videoxogos que se suma ao posgrao en videoxogos que ofrece a Universidade da Coruña, que nos obriga a afrontar retos como a identificación de talento, a aceleración e a internacionalización».
mundos_digitales_assassins.jpgPor iso, nesta edición de 2018 de Mundos Digitales, que se celebrará un ano máis en PALEXCO, hai espazo para a industria galega. É o caso da produtora coruñesa Gato Salvaxe, que xunto a Mundos Dixitais puxo en marcha Videoxogos. gal Asociación galega de Videoxogos e Contidos Interactivos, presentada onte en sociedade nun encontro na Coruña.
«Videoxogo. gal naceu con cinco socios pero está aberta a que se sumen máis, e non só produtoras, senón que nos gustaría incorporar a medios, profesionais, empresas auxiliares ou calquera industria que teña que ver cos contidos interactivos», sinala Fernando Prieto, de Gato Salvaxe. No encontro, ao que asistiron numerosos profesionais do sector en Galicia, anunciouse que o ingreso en Videoxogo.gal dará dereito a entradas de balde para Mundos Dixitais durante os tres días de celebración do congreso.
manuel_meijide_img_2856.jpgAdemais das conferencias, obradoiros e encontros entre profesionais, unha das actividades máis importantes de Mundos Digitales é a feira de emprego, a segunda máis importante de Europa no sector, na que preto de 20 empresas buscarán este ano novos talentos para os seus proxectos. «É unha das claves de Mundos Digitales: a posibilidade de abrir a porta ao mundo laboral a mozos creadores, desenvolvedores ou técnicos», asegura Meijide.
Nesta edición, Mundos Digitales incrementa os contidos da sección Out of the Box, centrada en novas aplicacións industriais e empresariais da creación dixital e reforza a sección School Leads, dedicada aos centros formativos, universidades, escolas e academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos dixitais en xeral. A oferta de actividades complétase co Festival Internacional de Curtas de Animación.

Conferencias

Na edición deste ano repite asistencia Rajesh Sharma, director tecnolóxico de Walt Disney Animation Studios, que protagonizou unha das conferencias máis concorridas da pasada edición e que nesta ocasión describirá, de principio a fin, o proceso de facer películas de animación e os retos do futuro deste xénero.
Sebastian Sylwan, CTO e socio creativo de Felix & Paul Studios, presentará as últimas tendencias no puxante sector de narrativas en ambientes inmersivos. Sylwan é o creador de experiencias inmersivas de alta calidade como Jurassic Park e Inside the White House with Barack and Michelle Obama. Outro conferenciante de primeira fila será Jayse Hansen, o cerebro detrás de interfaces de usuario ficticias como as que ven en películas de éxito como Los Juegos del Hambre, Iron Man e Star Wars.
Tamén están confirmados Mike Ladlaw, un dos mellores consultores da industria dos videoxogos que colabora agora coa empresa coruñesa Gato Salvaje na súa nova creación, The Waylanders. Fernando Prieto, socio e produtor executivo de Gato Salvaje será outro dos conferenciantes. Os responsables do Ranchito, a produtora de FX máis internacional do noso país que colaborou en series e películas como Juego de Tronos e Un monstruo viene a verme, desvelarán o seu traballo para reproducir a Verona de Romeo e Julieta na serie Still Star Crossed.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?