Preséntase en sociedade a asociación Videoxogo.gal
xoves, 14 de xuño do 2018
Hai
un par de meses formalizouse a Asociación Galega de Videoxogos e Contidos
Interactivos, Videoxogo.gal, para potenciar a súa industria dos videoxogos na
comunidade galega servindo de ponte entre as empresas do sector para crear sinerxÃas
e dinamizar dinamizar o seu sector, e hoxe presentouse esta iniciativa en
sociedade nun acto que tivo lugar na Coruña e onde o presidente da asociación,
Fernando Prieto (do estudio Gato Salvaje) explicou os obxectivos que se teñen
marcado e anunciou que como incentivo para asociarse os integrantes de
Videoxogo.gal poderán acceder sen custo adicional á vindeira edición de Mundos Digitales, congreso
que desenvolverse en PALEXCO na Coruña entre os dÃas 5 e 7 de xullo.
Durante o acto de presentación, a tesoureira de Videoxogo.gal, Luz Castro
(Imaxin Software), tamén instou aos presentes a interesarse pola nova entidade
e animarse a xuntar forzas a prol dun sector que precisa dunha maior
visibilidade en Galicia.
Entre os obxectivos da nova asociación figura tamén a promoción da produción de
entretemento dixital como unha actividade relevante e innovadora dentro do
lecer, a cultura a Industria 4.0 e as TIC, o fomento da competitividade e a
internacionalización, o desenvolvemento dunha industria ao redor da produción de
lecer dixital, a representación do sector en distintos foros e incluso a busca
do recoñecemento en Galicia do entretemento dixital como produto cultural.
Videoxogo.gal
nace da asociación das empresas Gato Salvaje, Imaxin Software, Ficción Producciones
e Datalawyers, esperando aglutinar nos vindeiros meses a moitos outros
socios que exerzan a súa actividade en Galicia e como actividade principal
teñan a produción, creación e desenvolvemento de software de lecer ou participen
a nivel profesional na cadea de valor do sector dos videoxogos ou dos contidos
interactivos. A asociación tamén está aberta a estudantes que estean a formarse
no sector.

- Luz Castro animou aos presentes a interesarse pola nova asociación
