A Sala Primeira do Tribunal Constitucional estimou un recurso de amparo interposto por dúas persoas que consideraron vulnerados os seus dereitos á honra, á intimidade e á protección de datos polo uso das tecnoloxías da Internet ao aparecer os seus nomes e apelidos nos buscadores de hemerotecas dixitais, ou sexa, que consideraban vulnerado o seu dereito ao esquecemento recollido no artigo 17 do Regulamento de Protección de Datos da Unión Europea, como o dereito á supresión dos datos persoais.
A sentenza argumenta que «a prohibición de indexar os datos persoais, en concreto os nomes e os apelidos das persoas recorrentes, para o seu uso polo motor de busca interno de El País debe ser limitada, idónea, necesaria e proporcionada a fin de evitar unha difusión da nova lesiva dos dereitos invocados», ou sexa, que un tipo de esixencia que ata o momento aplicábase a buscadores como Google estenderíase agora tamén a medios de comunicación en liña.
O Tribunal Supremo considerara en 2015 que o dereito ao esquecemento dixital non procedente a eliminación dos datos e da súa indexación dun par de condenados por tráfico e consumo de drogas nos anos 80, por considerar que tal medida suporía unha restrición excesiva da liberdade de información. Temos así unha resolución na que tivo que terse en conta o equilibrio entre a liberdade de información e o dereito á autodeterminación informativa, que co acceso universal ás hemerotecas supón todo un reto. Nesta ocasión consideran que no caso de persoas que non teñan relevancia pública, os motores de busca das hemerotecas non deberán facilitar a súa busca a través do seu nome e apelido se así o esixen, pois nas novas en si estes datos persoais non engadirían interese á noticia, de xeito que chegarían as iniciais do nome e os apelidos.
O Constitucional entende que os buscadores dos xornais en liña deben respectar o dereito ao esquecemento
Compartir Este Artigo
