O peche de Megaupload en 2012 e a detención do seu máximo responsable, Kim Dotcom, operación orquestrada dende un grande xurado de Virxinia (EE.UU.) pese a que tivo lugar en Nova Zelandia, o que foi moi polémico dende o seu momento, ante grandes dúbidas sobre a legalidade de toda a operación. Nos últimos anos Dotcom enfrontouse a numerosos xuízos, nos que non foron quen de condenalo en boa medida porque os delitos dos que se lle acusa non son tal en Nova Zelandia, sendo a principal ameaza para a liberdade do fundador de Megaupload que o extraditasen a EE.UU., onde si podería condenalo duramente.
Aínda que ata o momento Kim Dotcom conseguía saír vitorioso nos xulgados, agora está a vivir o que podería ser o seu primeiro grande revés xudicial, xa que un xulgado de apelacións en Nova Zelandia vén de rexeitar denegar a súa apelación á orde de extradición aos EE.UU. para responder de cargos de violación do copyright e de lavado de cartos. As autoridades norteamericanas aseguran que Megaupload provocou danos por valor de 500 millóns á vez que conseguiu 175 millóns de dólares en ingresos por publicidade e subscricións.
Pero a última decisión xudicial non supón a extradición de Kim Dotcom, xa que os seus avogados apelarán esta decisión ante o Tribunal Supremo, xa que, como asegura Dotcom nun comunicado, «a decisión expón aos Provedores de Servizo de Internet (ISP) a responsabilidade penal pola mala utilización dos seus servizos por parte dos usuarios», o que non se axustaría á xurisprudencia, de aí que chegue a asegurar que a última resolución xudicial ten «o valor do papel hixiénico».
Un xulgado rexeita a apelación á orde de extradición de Kim Dotcom
Compartir Este Artigo
