Pecha Megaupload.com baixo acusacións de piraterÃa
xoves, 19 de xaneiro do 2012
Unha
das principais páxinas web de intercambio de ficheiros, Megaupload,
vén de ser clausurada baixo acusación de piraterÃa,
acusándoselle de ter causado uns prexuÃzos económicos de máis de 500 millóns de
dólares por mor do intercambio de pelÃculas e outros contidos. O Departamento
de Xustiza dos EE.UU. asegura que a operación de peche incluÃu a detención de
Kim Dotcom (antes coñecido coma Kim Schmitz) e outras 3 persoas en Nova
Celandia a petición das autoridades norteamericanas.
Dende Megaupload aseguran que a meirande parte do tráfico do seu servizo é
lexÃtimo, e intentarán seguir en activo (de feito, respondÃan dilixentemente ás peticións de borrado de material protexido), mentres que dende as industriais
culturais acusan a esta plataforma de facilitar de xeito masivo as infraccións
dos dereitos de propiedade intelectual.
Megaupload funcionaba mediante un modelo de negocio mixto, de xeito que os
usuarios de pagamento podÃan acceder a un servizo de descargas máis rápido e
avanzado, á vez que explotaba publicidade para tirar proveito dos usuarios que
non pasaban por caixa.
Esta causa xudicial tamén está a resultar un tanto rechamante polo feito de que
unha corte do Distrito de Virxinia (EE.UU.) estea a reclamar a xurisdición por
estar parte dos materiais piratados
en servidores en Ashburn (Virxinia), mentres que o principal acusado, o
fundador de Megaupload, residÃa entre Hong Kong e Nova Celandia e ten dobre
cidadanÃa finlandesa e alemá. Un auténtico enredo internacional que haberá que
ver como remata.
ACTUALIZACIÓN: Esta
operación orquestrada por un grande xurado de Virxinia a través dunha causa
contra as corporacións Megaupload Limited e Vestor Limited, ás que acusan de
conspiración para infrinxir o copyright, branquear cartos e outros cargos, supón o bloqueo de
18 nomes de dominio (megastuff.co, megaworld.com, megaclicks.co,
megastuff.info, megaclicks.org, megaworld.mobi, megastuff.org, megaclick.us,
mageclick.com, hdmegaporn.com, megavkdeo.com, megaupload.com, megaupload.org,
megarotic.com, megaclick.com, megavideo.com, megavideoclips.com e megaporn.com)
e o peche de data centers en Holanda,
Canadá e Washington.
Aparte de Kim Dotcom, hai outros 6 acusados, residentes en distintos paÃses
(Alemaña, Eslovaquia, TurquÃa, Estonia e Holanda), resultado detidos en
Auckland (Nova Celandia) Dotcom, Finn Batato, Mathias Ortmann e Bram van der
Kolk, quen poderÃan ter que enfrontarse a peticións de condena de ata 20 anos
de cadea por crime organizado, 5 anos por conspiración para vulnerar o
copyright, 20 anos por branqueo de cartos e 5 anos por varios cargos criminais de
infracción de copyright. Tamén comentan que incautaron bens por valor de 50
millóns de dólares, entre os que figura a colección de coches de Kim Dotcom.
ACTUALIZACIÓN (20-1-2012): A incautación dos coches do fundador de Megaupload pode verse nunha galerÃa fotográfica que veñen de publicar en Flickr. Resulta curioso ver as matrÃculas dos vehÃculos (CEO, HACKER, MAFIA, POLICE...).
- Os coches incautados son de alta gama e teñen matrÃculas personalizadas bastante curiosas