Esta mañá El Confidencial sorprendeu anunciando que Cabify estaba a negociar a súa venda a Lyft por 3.000 millóns de dólares (lembremos que a compañía foi valorada en 1.400 millóns hai pouco), asegurando que incluso os executivos do grande competidor de Uber terían visitado Madrid para reunirse con representantes do primeiro unicornio español (ou sexa, a primeira startup en superar os 1.000 millóns de dólares en valoración).
Aseguran que a operación serviría para que Lyft, que actualmente só opera en EE.UU. e Canadá, puidese expandirse en España e América Latina, e aínda que dende El Confidencial aseguran que Cabify «non confirma nin desmente as conversas con Lyft», ás poucas horas de publicarse a información sobre a súa posible venda remitiron aos medios un comunicado nos que negan «de xeito categórico os rumores sobre supostas conversas en relación á venda da compañía», asegurando que Lyft goza de grande saúde financeira e crecemento sustentable, conseguindo unha posición líder nos mercados nos que está presente, polo que non precisaría negociar a súa venda, especialmente porque ten previsto saír ao mercado bolsista español nos vindeiros 12/24 meses.
Cabify desmente as negociacións de venda con Lyft
Compartir Este Artigo
