Cabify recibe unha valoración de 1.400 millóns de dólares
luns, 22 de xaneiro do 2018
A popular compañÃa de transporte Cabify
anunciou unha rolda de financiamento de 160 millóns de dólares á que acoden
Rakuten Capital, o fondo TheVentureCity, Endeavor Catalyst e Gat Inversores,
entre outros, e que supón a valoración da compañÃa en 1.400 millóns de dólares,
de xeito que xa poderÃa considerarse un unicornio
(compañÃa valorada en máis de 1.000 millóns de dólares).
Cabify está actualmente presente en 14 paÃses, e pretenden aproveitar a súa
rolda de financiamento para consolidarse nos mercados nos que está presente,
onde teñen que competir con xigantes como Uber. Bank of America considera que
esta era a derradeira grande oportunidade para investir en Cabify, compañÃa cun
grande potencial nun sector moi cambiante e que semella imparable.
