Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Smartiago colle impulso co proceso de licitación da súa oficina técnica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Smartiago colle impulso co proceso de licitación da súa oficina técnica

Redacción
Publicado: 16/07/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_martino_noriega-2.jpgO Concello de Compostela iniciou a semana pasada o proceso de licitación da oficina técnica do proxecto Smartiago, a iniciativa local de cidade intelixente, posta en marcha para transformar a capital galega nunha urbe máis sustentable e optimizada e mellor comunicada e xestionada. O alcalde Martiño Noriega informou dos detalles do contrato de licitación, que será de 565.000 euros, IVE incluído. Desa cantidade, o 80% procederá de fondos europeos FEDER.
Tamén lembrou que o proxecto aséntase nas prácticas de compra pública innovadora, que o Concello ten captados cinco millóns de euros para o programa (en virtude do convenio asinado co Ministerio de Economía) e que a Administración compostelá foi “a primeira do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER destinados ao fomento da compra pública innovadora, no período 2014-2020”.
Noriega engadiu que a primeira fase de Smartiago conta cun orzamento de case 6,2 millóns de euros, dos que 5 millóns proceden de fondos europeos, e unha duración estimada de catro anos. Nese prazo, “procuraranse o desenvolvemento de solucións innovadoras para as tres liñas estratéxicas definidas no programa”, apuntou, facendo un repaso por estas tres liñas: “A da xestión sustentable e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a da mobilidade intelixente sustentable, e a do alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio”.
A segunda fase comezará coa implantación nos servizos municipais destas solucións, unha vez achadas. Este treito do camiño abordarase “integramente” con fondos propios. “Desta maneira”, manifestou, “o Concello converteríase no primeiro cliente dos investigadores que dean con esas solucións innovadoras, pero tamén sería socio parceiro que cobraría royalties no caso de que esas novas tecnoloxías foran contratadas por outras administracións”.
A oficina técnica do Smartiago contará cun orzamento de 565.000 euros ata o ano 2021. Desa cantidade, 452.000 procederá de fondos europeos FEDER e 113.000 serán achegados polo Concello de fondos propios. A súa creación estaba recollida no convenio asinado co Ministerio de Economía para desenvolver o programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?