
A actividade, que ten unha duración de dous anos, achegando recursos e adestramento en materia de comercio e electrónica, pon en xogo opcións de optar a un contrato laboral en MediaMarkt. De feito, a compañía lembra que ten un acordo coa Xunta de Galicia para poder participar neste proxecto co-responsabilizarse da formación dos estudantes.
As persoa que queiran participar no curso deberán ser maiores de idade, residentes en Galicia e ter un ciclo formativo de grao medio ou a proba de acceso aprobada.
A cadea de vendas de produto de electrónica e informáticos recorda que leva máis dunha década apostando e colaborando con distintos proxectos de formación dual, unha metodoloxía de aprendizaxe e adestramento que permite aos alumnos combinar formación teórico-práctica compaxinando o ensino de conceptos nos centros de estudos coa aplicación real deses conceptos nas tendas e servizos centrais da empresa.
MediaMarkt conta con cinco tendas en Galicia dos 85 establecementos en toda España: tres na Coruña, unha en Lugo e unha en Pontevedra. Esta é a terceira promoción que se forma nos comercios da compañía.
MediaMarkt adestrará estudantes galegos nas súas tendas
Compartir Este Artigo

