O Clúster TIC vainos achegar nos meses vindeiros á formación máis avanzada e eficaz en materia de protección en liña, pero non unha protección en liña senón unha metodoloxía anti-risco moi envorcada coa nova revolución produtiva: os xeitos de producir máis automática, intelixente, eficiente e sustentablemente cos que, queirámolo ou non, teremos que convivir (e producir). O Curso CiberTIC Galicia, Ciberseguridade para a Industria 4.0 conta co co-financiamento do IGAPE e inclúe unha serie de módulos formativos de 50 horas que buscan introducir aos nosos profesionais nos principais aspectos relacionados coa ciberseguridade.
Entre os temas que se abordarán nas sesións inclúese a protección de datos persoais ou a propiedade intelectual, sendo este último un tema que, segundo lembra o Clúster TIC, “afecta especialmente ás entidades empresariais”. A plataforma empresarial tamén fai que saber os módulos incluídos permitirán aos asistentes “recoñecer as ameazas e posibles ataques que poden dirixirse aos sistemas telemáticos dunha entidade”. Tamén aprenderán “a xestionar a seguridade dos datos na Rede ou recoñecer os perigos agochados nos dispositivos móbiles ou en mobilidade”. Ao remate do percorrido formativo, as persoas participantes estarán en disposición de “facer fronte ao crecente número de ameazas” e de encarar, coas mellores ferramentas, a defensa do ben máis prezado para as corporacións de calquera índole: a información.
A programación desenvolverase as tardes dos martes e xoves de setembro e outubro en formato teórico e práctico en horario de tarde. As sesións teóricas levaranse a cabo en Santiago de Compostela e os módulos prácticos nas instalacións do Centro Tecnolóxico Gradiant en Vigo. O alumnado deberá acudir co seu equipo informático ás sesións de laboratorio.
O Clúster TIC achéganos á ciberseguridade 4.0 da Industria 4.0
Compartir Este Artigo
