
Este apoio concretouse finalmente logo de varios meses de actividade conxunta, unha acción compartida que posibilitou o achado de sinerxías importantes entre as devanditas entidades, o que se vai materializar na dita plataforma de investimento.
Como lembraremos, Senseitrade é unha empresa galega emprazada na Tecnópole de Ourense especializada no ámbito da innovación e os sistemas intelixentes aplicados ao ámbito financeiro e bancario. Entre os seus achados figura unha aplicación que nos axuda a tirar proveito da inxente información de valor que se publica nas redes sociais (o que se coñece como Big Data social) para tomarmos as mellores decisións en materia de investimento en bolsa. A ferramenta ten a capacidade de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que flúe nas redes sociais en tempo real. Para afinar nos resultados, empréganse recursos avanzados como algoritmos de procesamento de linguaxe natural co fin de identificar emocións en textos e mensaxes.
Senseitrade, ademais, é gañadora do certame de aceleración de empresas Vía Galicia na súa edición de 2015. No seu haber figura a devandita app (tamén chamada) Senseitrade, dispoñible para iOS e para Android, desenvolvida co obxectivo de tirar proveito das comunidades 2.0, en especial Twitter, como emprazamentos de información onde se deciden boa parte dos camiños que vai seguir a bolsa.
Durante o ano 2017, a compañía chegou a un acordo de investimento con Drivewealth, bróker de Estados Unidos, e integrou os seus servizos ao abeiro da súa aplicación para o ámbito americano. Agora, o acordo con ABANCA permitirá aplicar unha estratexia semellante de mercado pero no caso da bolsa estatal.
Senseitrade e ABANCA darán forma a unha innovadora plataforma de investimento
Compartir Este Artigo
