A relación do Goberno dos EE.UU. cos fabricantes chineses de tecnoloxía continúa a ser complicada, e tras o veto a ZTE a o seu posterior levantamento, chega agora unha nova orde que prohibe ás axencias gobernamentais estadounidenses o uso de equipamento de telecomunicacións producido por Huawei Technologies Company ou ZTE Corporation (así como calquera das súas subsidiarias ou entidades asociadas) durante os vindeiros 2 anos.
Iso non quere dicir que se prohiba a venda dos produtos de ZTE e Huawei nos EE.UU., senón que calquera traballador ou contratista do Goberno non poderá utilizar tecnoloxía destas compañías ante o temor que ten a Administración de que poida empregarse para a espionaxe.
Cómpre lembrar que no resto do mundo non se aplican ningún tipo de restricións nesta liña, pois as acusacións dos EE.UU. sobre as compañías chinesas parecen carecer de todo fundamento, dando a impresión de que son unha simple desculpa para aplicar medidas proteccionistas para a súa economía.
O mesmo texto que veta a ZTE e Huawei tamén prohibe o uso de tecnoloxía de videovixilancia e seguridade de Hytera, Hangzhou Hikvision e Dahua, ou sexa, que os EE.UU. parecen querer construír unha devasa para impedir a entrada de tecnoloxía chinesa en ámbitos relacionados co Goberno.
Prohiben a tecnoloxía de Huawei e ZTE nas axencias gobernamentais de EE.UU.
Compartir Este Artigo
