Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo entregou os diplomas do TIC Arqueolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo entregou os diplomas do TIC Arqueolóxico

Redacción
Publicado: 14/08/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

140818_clausura_obradoiro_tic_arqueoloxico.jpgO Concello de Lugo vén de facer reconto dos froitos acadados ao abeiro da iniciativa Obradoiro TIC Arqueolóxico, posta en marcha hai aproximadamente un ano e dirixida a dinamizar o Vello Cárcere a través das TIC. Segundo lembrou o Goberno local, o taller contou con 224.000 euros de orzamento e tivo como obxectivo “pór en valor e comunicación do patrimonio arqueolóxico de Lugo”, amais de facilitar a formación de 13 desempregadas e desesempregados maiores de 18 anos e fornecelos de coñecementos para a súa posterior inserción laboral. Estes e outros datos foron dados a coñecer pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro. O patio central do Vello Cárcere serviu de escenario ao acto de clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego.
No acto, no que tamén estivo presente a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a alcaldesa subliñou que os obradoiros son exemplo “de que a colaboración institucional sempre redunda beneficiosamente na cidadanía, sobre todo nun eido coma este, a inserción laboral”. Méndez puxo en valor a innovación ou valor engadido que sempre caracterizan as propostas de obradoiro do Goberno lucense, co “obxectivo duplo de formar nos sectores con máis futuro en Lugo, como o turismo ou a xestión cultural e patrimonial, e de valorizar e difundir os inmensos recursos patrimoniais do municipio de maneira dinámica e atractiva, utilizando para iso as novas tecnoloxías”.
A rexedora recoñeceu o “excepcional e intenso” traballo e a “implicación” do alumnado, dirección e profesores do obradoiro, e do arqueólogo municipal, Enrique González. Amais, lembrou que o Concello ten unha consignación para emprego de 3M€ nos orzamentos deste ano e traballa de continuo para atraer iniciativas e investimentos para “seguir xerando oportunidades laborais”. Neste senso, mostrou a súa confianza en que a Xunta conceda ao Concello os dous novos obradoiros que ten solicitado: InteracTICvate e Fórum 4.0, dirixidos unha vez máis á difusión do patrimonio a través das TIC.
A formación e traballo do alumnado do TIC Arqueolóxico, coordinado por dous profesores e o director, Manuel Barreiro, ademais do arqueólogo do Concello, centrouse en dúas vertentes. Por unha banda, nun labor intenso de dixitalización en 3D de pezas arqueolóxicas achadas nas escavacións realizadas na cidade, en torno a medio milleiro, para o cal foi precisa a realización de máis de 20.000 fotografías.
Asemade, revisáronse máis de 10.000 pezas arqueolóxicas coa finalidade de identificar e seleccionar as máis significativas, que á súa vez foron dixitalizadas.
En base a este traballo, elaborouse un catálogo virtual con preto de 200 pezas arqueolóxicas, presentado no acto celebrado hoxe polo arqueólogo do Concello e un dos profesores do obradoiro, Rubén Pintor, e que se porá a disposición da cidadanía a través dunha ligazón na páxina web da Administración local, www.lugo.gal.
Respecto dos vestixios recollidos, son testemuños de aspectos salientables do Lugo romano e pezas procedentes sobre todo dos fondos do depósito da Xunta de Galicia que custodia o Concello de Lugo, a través do Servizo Municipal de Arqueoloxía; pero tamén conta con algunhas pezas depositadas no Museo Provincial ou no Museo Diocesano Catedralicio, e inclúe así mesmo algún elemento relacionado cos vestixios arqueolóxicos da cidade (piscina de Santa María) ou da súa contorna (Monumento de Santa Eulalia de Bóveda).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?