
Desta cifra, a maior parte, 9.803, son declaracións responsables, que segundo lembra Media Rural é o trámite máis rápido e está vencelllado aos aproveitamentos de especies de medre rápido como piñeiros, eucaliptos ou acacias onde os terreos non están suxeitos a unha protección especial.
Respecto ás autorizacións, aquelas solicitudes que si requiren dun análise previo e contestación por parte da Xunta, xa se presentaron 7.327 solicitudes de xeito telemático neste prazo. A ferramenta, neste senso, pon en xogo as seguintes vantaxes: reduce os prazos da tramitación e habilita un único interlocutor coa administración, neste caso a Consellería de Media Rural, que se constitúe como unha xanela única.
Por provincias, das 17.130 solicitudes a maioría proceden da Coruña (7.903) seguido de Lugo (5.692) e Pontevedra (2.900). No caso de Ourense é a provincia onde menos utilizan esta nova plataforma (635 solicitudes) xa que tamén é o territorio onde se concentran menos plantacións de especies de crecemento rápido.
Como lembraremos, o novo visor de cortas foi posto en marcha para Medio Rural pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e inclúe unha plataforma de información xeorreferenciada que posibilita a visualización de todas as proteccións administracións dun predio con só introducir a referencia catastral do terreo onde se quere cortar madeira.
A plataforma de autorización de cortas de madeira xa acubilla 155 trámites diarios
Compartir Este Artigo
