
A creación dos Hubs insírese no Plan Galicia Innova 2020. O seu obxectivo é configurárense como instrumentos “principais para dinamizar a innovación” na nosa terra, acompañándose dunha serie de axudas para o arrinque deste tipo de estruturas.
Volvendo ao prazo para a recepción de contribucións, GAIN quere tirar proveito do mesmo para fomentar a colaboración entre os diversos axentes e consolidar, a raíz destas sinerxías e traballos conxuntos, “propostas coordinadas que conten co consenso necesario que garanta a súa eficacia e eficiencia”. As propostas ou manifestacións de interese deberán encamiñarse a describir unha visión e actividades preparatorias para a posta en marcha do Hub de Innovación Dixital.
A natureza do modelo
Os principais obxectivos deste modelo son fortalecer as ligazóns do sistema galego de innovación artellando modelos de colaboración abertos para aproveitar as capacidades existentes e avanzar na especialización intelixente de Galicia, concentrando recursos e infraestruturas ao redor de ámbitos estratéxicos para Galicia (Industria 4.0, Aeronáutica e Bioeconomía), baixo o principio da “auto-sustentabilidade”.
GAIN define os Hubs de Innovación Dixital como “puntos de encontro da empresa, a investigación e o financiamento”, do que todos se benefician: as empresas provedoras de innovación poderán madurar as súas tecnoloxías e ampliar as súas aplicacións, abrindo novos mercados; as PEME obtendo apoio para levar ao mercado novos produtos e servizos competitivos; e os centros de competencias estendendo actividades a proxectos industriais e abrindo negocios sustentables.
Algúns dos servizos que ofrecen os hubs son: actuar como xanela única de acceso a servizos de apoio á innovación e compartir infraestruturas e coñecemento; facilitar o acceso a financiamento para a dixitalización; prover servizos de asesoramento e formación; fomentar sinerxías e transferencia entre industrias; apoiar o emprendemento; crear ligazóns con redes europeas de hubs; ofertar os últimos coñecementos e experiencias en tecnoloxías avanzadas, etc.
Abre o prazo para contribuír á creación dos nosos Hubs de Innovación Dixital
Compartir Este Artigo
