A transformación do Microsoft Office de produto a servizo está considerada como un dos grandes trunfos de Microsoft nos últimos anos, e a compañía de Redmond vai facer aínda máis atractivo ese salto, xa que van mudar as condicións das súas licenzas dun xeito moi favorable.
A partires do 2 de outubro, os subscritores de Office 365 Personal xa non terán limitada a súa licenza a 1 equipo PC ou Mac, 1 tableta e 1 teléfono, de xeito que poderán instalar Office en todos os dispositivos que queiran, aínda que só poderán estar identificados coa súa conta ata en 5 dispositivos ao mesmo tempo.
Os usuarios de Office 365 Hogar tamén gozarán do mesmo cambio de condicións, cunha vantaxe adicional: a licenza doméstica pasará de incluír 5 a 6 contas persoais, cada unha con 1 TB de espazo en OneDrive, facendo que este servizo sexa moi competitivo, xa que achega un total de 6 TB de espazo na nube xunto coas principais aplicacións ofimáticas a un prezo polo que outras compañías de almacenamento en liña (como Dropbox) só ofrecen 1 TB de capacidade.
O Office 365 persoal e doméstico poderá instalarse nun número ilimitado de equipos
Compartir Este Artigo
