Esta semana, entre o 12 e o 14 de setembro, vaise celebrar en Vigo e Nigrán un congreso sobre novidades e tendencias do sector das novas tecnoloxías e a electrónica de consumo. O que é o mesmo: un evento sobre as principais metodoloxías futuras para achegarnos ao coñecemento e aos contidos dixitais. O evento, que vén da man do almacenista galego Telenets, con sede en Mos (Pontevedra), xuntará nun único escenario a boa parte representantes do sector: fabricantes de tecnoloxía e electrónica de consumo, grandes cadeas e tendas de electrónica e telefonía.
O programa inclúe xeiras de networking e reunións profesionais onde os asistentes poderán compartir e avaliar as novidades previstas para os vindeiros meses así como as tendencias do sector, mesmo “chegando a acordos estratéxicos”, sinala a organización, que engade que esta primeira edición do evento celebrarase dacabalo entre as localidades de Vigo e Nigrán, xuntado compañías de primeira orde, “os grandes actores do mercado das tecnoloxías”, como por exemplo Alcatel, Toshiba, Hisense, TP-Link, Panasonic, Wiko, Schneider, Facitel, Ulefone, Chuwi, BlackView ou Energy Sistem. A estes uniranse grandes cadeas do sector como PhoneHouse Portugal, Bymovil, Leclerc, ProLab Andorra ou Supermercados Froiz, entre outras.
En palabras dos organizadores, “a celebración deste congreso supón un punto e seguido na traxectoria ascendente de Telenets, que nos últimos seis meses ampliou de maneira notable a súa carteira de marcas e referencias converténdose en importador exclusivo para España e Portugal de marcas como Ulefone, Chuwi, ou Blackview, ademais de contar coa súa propia marca de telefonía sénior, Facitel, referente do seu sector”. Así mesmo, Telenets lembra que no seu catálogo atópanse algunhas das marcas máis potentes do escenario comercial presente, como Samsung, Huawei ou Gigaset.
En palabras de Álex Cabo, director de operacións de Telenets: “Expomos a celebración deste primeiro congreso como a ocasión ideal para demostrar a nosa confianza a provedores e clientes forxando, ao mesmo tempo, unhas relacións comerciais e estratéxicas fortes de face a enfrontar os retos do futuro”.
Fabricantes e profesionais do sector dixital reúnense en Vigo para compartir novidades
Compartir Este Artigo
