O programa de adestramento tecnolóxico para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, o programa SmartPEME, vai ofrecer este mes catro accións formativas no viveiro de empresas de Barro. A temática dos obradoiros será variada, tocando cuestións sobre hardware e software libre e ferramentas de xestión para as empresas, pero todos co nexo común de mostrar as posibilidades e beneficios das novas tecnoloxías para o quefacer diario dos autónomos e as nosas pequenas e medianas empresas.
A primeira cita do mes terá lugar o vindeiro 13 de setembro, ás 16:30 h, coa acción Fundamentos e Iniciación ao Arduino – Arduino I. A segunda parte deste obradoiro, Fundamentos e Iniciación ao Arduino – Arduino II impartirase o xoves da seguinte semana, 20 de setembro, á mesma hora. Por outra banda, o martes 25 de setembro, ás 18 h, terá lugar Aprende que aplicación ten o Blockchain para a túa empresa. E xa por último, Fundamentos e Iniciación ao Arduino – Arduino III impartirase o 27 de setembro ás 16:30 h. A oficina SmartPEME de Barro atópase no viveiro de empresas do polígono local. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e (agora tamén) Barro, abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
SmartPEME introduce en Arduino ás empresas de Barro
Compartir Este Artigo
